Riccione
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Riccione (Arzö en romagnolo) é unha comuna da provincia de Rimini, en Emilia-Romagna, Italia. A súa superficie é de 17 km², a poboación de 34.773 habitantes (2005) e a densidade de poboación de 2045 h/km². Situada xunto o Mar Adriático, é unha localidade eminentemente turística, xunto con Rimini é o principal destino turístico da costa adriática norte. As fraccións da comuna son Abissinia, Alba, Centro, Colombarina, Fontanelle, Il Villaggio, San Lorenzo in Strada e Spontricciolo.