See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Rato (informática) - Wikipedia

Rato (informática)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Un rato mecánico típico, con dous botóns e unha roda. Ao premer na roda, esta actúa como botón central.
Un rato mecánico típico, con dous botóns e unha roda. Ao premer na roda, esta actúa como botón central.
Rato óptico
Rato óptico

Un rato é un dispositivo periférico que se conecta a un ordenador e permite o desprazamento pola pantalla segundo os movementos que o usuario fai sobre unha superficie, facilitando así o manexo do ordenador. Aínda que inventado por Douglas Engelbart en 1963 non se fixo popular ata a década dos 80. Hoxe en día a práctica totalidade dos ordenadores de escritorio dispoñen del.

Os ratos detectan o movemento que con eles realiza o usuario mediante un sistema mecánico consistente nunha bóla que xira libremente e move dous eixos perpendiculares, mediante unha combinación dun diodo emisor cun fotodiodo (no caso dos ópticos), ou mediante un láser. A transmisión da información ata o ordenador pode ser a través de cable; este conéctase co ordenador a través dun porto específico, o PS/2 (habitualmente de cor verde), aínda que cada vez máis a través de portos USB). A conexión tamén pode ser sen fíos, ben por infravermellos ou ben por radiofrecuencia. É frecuente que os ratos teñan unha rodiña que tamén permite desprazarse pola pantalla.

O movemento do rato en dúas dimensións sobre unha superficie plana transmítese como modificación de coordenadas na pantalla e a súa representación visual recibe o nome de "punteiro". Os ratos deseñados para os sistemas MAC adoitan ter un botón, os de Windows dous e os de Linux/Unix dous ou tres. Ao botón da esquerda chámaselle tamén "primario" e ao da dereita "secundario", se ben isto pódese alterar para comodidade das persoas zurdas.

A premer o botón primario chámaselle "facer clic" ou "clicar". Se se fai dúas veces moi rápido dise "facer dobre clic".

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -