Rangiroa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rangiroa (no dialecto local Ragiroa ou Ra'iroa) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 350 km de Tahití.
É un dos atois máis grandes do mundo, cun total de 1640 km²; de superfecie, e unha lagoa de 78 km de longo cunha profundidade entre 20 e 35 m. O escollo está formado por 241 illotes e bancos de area dun ancho de entre 300 e 600 m. Hai catro pasos entre o océano e a lagoa. Os dous máis importantes son ao norte, xunto ás vilas de Avatoru e Tiputa que concentran a maior parte da poboación. Con 2.145 habitantes (censo de 1996) é o atol máis poboado das Tuamotu. A poboación vive do turismo, a pesca e o cultivo de perlas negras.
O nome de Rangiroa, ou Rairoa, significa «longo ceo». Probablemente foi poboado no século X. En 1616 chegaron os neerlandeses Le Maire e Schouten e chamárona illa das Moscas (Uliegen Eylandt). Quedaron literalmente cubertos e non puideron quitalas de encima durante días. En 1770 os insulares sufriron unha severa derrota ante os guerreiros da veciña Anaa, quedando a illa despoblada logo da masacre e o exilio, e non foi repoboada ata corenta anos máis tarde. Os primeiro europeos en instalarse foron uns misioneiros católicos en 1851. Estes desenvolveron a plantación de cocos e os habitantes traballaron na industria da copra (pulpa de coco seca). En 1965 construíuse un aeroporto de 2.100 m facilitando a chegada do turismo. Unha das atraccións é a práctica do mergullo, cunha rica fauna mariña onde destacan as raias, golfiños e quenllas.
Outros nomes históricos son: Vavaunui, Deans, Nairsa e Prince of Wales.
[editar] Comuna de Rangiroa
A capital de Rangiroa, Avatoru, é o centro administrativo da comuna que inclúe, ademais de Rangiroa, as comunas asociadas de Mataiva, Tikehau e Makatea.
Atol | Cabeza | Habitantes censo 1996 |
Superficie km² |
---|---|---|---|
Rangiroa | Avatoru | 2.145 | 79 |
Tikehau | Tuherahera | 409 | 20 |
Mataiva | Pahua | 227 | 25 |
Makatea | Moumu | 84 | 30 |
TOTAL | Avatoru | 2.865 | 154 |