Río Zézere
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Zézere | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | 1.900 msmn |
Lonxitude: | 200 km |
Caudal medio: | |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | Portugal |
Desemboca: | Río Texo |
O Zézere (en grafía portuguesa Zêzere) é un río portugués. Nace na serra da Estrela, a cerca de 1900 m de altitude, xunto ao Cântaro Magro, onde define un val glaciar. Seguindo para Sudoeste, conflúe co rio Texo a Oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 200 quilómetros.
O río Zézere é o segundo maior rio exclusivamente portugués, tras o río Mondego.
Os seus principais afluentes na marxe dereita son: o río Alge, o río Cabril, a ribeira de Unhais, o río Nabão, a ribera de Paul e a ribeira de Pêra. Na marxe esquerda recibe o ribeira de Bogas, a ribeira de Río Caria, a ribeira da Malhadancha, a ribeira da Isna, a ribeira de Meimoa, a ribeira da Sertã e a ribeira de Teixeira.
Da súa conca hidrográfica con 5043 km², 1056 km² pertencen ao rio Nabão. Os grandes desnivéis, aliados ao volume de auga (por vezes superior a 10.000 m3/s), representam unha notábel riqueza hidroeléctrica, aproveitada en três encoros: o de (Bouçã, o de Cabril e a presa de Castelo de Bode), que producen anualmente 700 millóns de kW/hora.