Río Apurimac
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Apurimac | |
---|---|
O Apurimac desde o aire |
|
Nacemento: | Nevado do Mismi |
Altitude da fonte: | 5.597 msnm |
Lonxitude: | 1.070 km |
Caudal medio: | ? |
Conca: | ? |
País: | Perú |
Desemboca: | Río Ucayali |
O Apurímac é un río do Perú de 1.070 km de lonxitude, que constitúe, por convención, o curso superior o Ucayali, e por tanto a corrente formadora do Amazonas.
Índice |
[editar] Nome
O nome do río é explicábel pola quíchua como "deus falante", un composto de apu "señor, deus" e rimay "que fala".
[editar] Percorrido
O Apurimac nace nun glaciar da Cordilleira dos Andes, no Nevado de Mismi, a 5.597 metros de altitude, entre Cuzco e Arequipa, a 650 km ao sudeste de Lima e a 160 km a oeste do lago Titicaca. Percorre as rexións de Cuzco e Ayacucho, sempre moi encaixado entre as abas dos Andes, o que o obriga a correr ráido, formado cachóns e fervenzas con frecuencia. Logo de 731 km de curso, pasa a denominarse río Ene a partir da súa confluencia con o río Mantaro (coordenadas: 12º 15' 45" S e 73º 58' 30" W), a uns 400 m.s.n.m., nun punto onde se marca o confín entre as rexións de Junín, de Cuzco e maís de Ayacucho. O curso como Ene atinxe 181 km. A partir da unión con o río Perené pasa a ser chamado río Tambo. Logo de 158 km de curso con o nome de Tambo, recibe pola súa dereita as augas do Urubamba, formando entre ambos os dous o Ucayali.
O total do percorrido do río é a suma dos tres tramos: 1070 km.
[editar] Afluentes
Os principais únense ao río pola esquerda e son desde a fonte á unión con o Urubamba:
- Pampas.
- Mantaro.
- Perené.
[editar] O VRAE
O Apurimac, xunto con o Ene, que o prolonga, conforma unha zona xeográfica e económica que se denomina no Perú sob as siglas VRAE (Valle del Río Apurímac Ene). En 2006, esta zona, productora de coca e dominada por narcotraficantes, obrigou ás autoridades peruanas a enviar 1.500 soldados para tentar solucionar o problema.