Rías Medias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O nome de Rías Medias moitas veces non aparece na literatura, englobándose todas nas Rías Altas. Aquí clasifícanse como tais as situadas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Serían entón, de sur a a norte e de oeste a leste:
- Ría de Camariñas
- Ría de Corme e Laxe
- Ría da Coruña ou Ría do Burgo
- Ría de Betanzos
- Ría de Pontedeume
- Ría de Ferrol
- Ría de Cedeira
- Ría de Ortigueira
En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).