Provincia de Neuquén
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Neuquén é unha provincia arxentina situada no centro-oeste do país. A súa área é de 94.078 km2, cunha poboación no ano 2008 de 547.742 habitantes. A súa capital é a cidade homónima de Neuquén.
Índice |
[editar] Nome
Debe o seu nome ao río máis importante da provincia, o Neuquén, que é de orixe mapuche, língua na que significa "río de correntes".
[editar] Límites
Neuquén confina polo norte con a provincia de Mendoza, polo leste con La Pampa e Río Negro, polo sur tamén con Río Negro, e polo oeste con estado chileno.
[editar] Xeografía
Neuquén posué un terreo con dúas partes ben diferenciadas. O leste comparte as características chairas das pampas, entanto cara occidente vaise alzando en altura, segundo nos achegamos aos Andes, até atoparnos con frecuencia picos que superan os 2.000 metros de altura na divisoria. Aínda que o punto culminante está ubicado no Vocán Domuyo, que supera os 4.000 metros, as altitudes son sensibelmente menores que as que se atixen na provincia limítrofe de Mendoza, na que son numerosass as cumes por riba dos 6.000 metros. Con todo, a paisaxe é totalmente alpina, con abundantes glaciares e lagos de orixe tamén glaciar. Como en toda a cordilleira andina, Neuquén ten tamén os seus volcáns.
Desde un punto de vista hidrolóxico, son numerosos os ríos que baixan das ladeiras dos Andes. O río principal é o Neuquén (500 km), que unido ao Limay, forman o Negro.
O clima é variado, desde o temperado das chairas, até o ártico das cimas dos Andes. As precipitacións aumentan de leste a oeste, superando os 3.000 mm anuais medios na franxa andina.
[editar] Historia breve
Neuquén estivo practicamente abandonado polo dominio colonial hispánico. A partir de 1833 comezou a política do xove estado arxentino sobre o sur, en parte nunha carreira co Chile por extender o a superficie do país. A partir da década de 1870 comezaron as expedicións militares, que atoparon a resistencia dos indios (mapuches, tehuelches e outros). Porén, manu militari, o estado arxentino foi submetendo as terras até a Patagonia. Neuquén recibíua a cualificación oficial de Territorio do Neuquén, que se mantivo até 1955. Nese ano pasou a ser provincia.
[editar] Economía
Neuquén é o centro da produción petroleira e gasista da Arxentina, e, outramente, produce algo máis da metade da enerxía hidroeléctrica do estado.
O turismo é un sector en rápido desenrolo. Neuquén posúe varios parques, con vistosos lagos, frondosos bosques, ríos moi aptos para a pesca deportiva, e excelentes posibilidades para o ocio de montaña (sendeirismo, esquí, escalada).
[editar] Parques
Neuquén posúe catro parques nacionais arxentinos e dous provinciais:
- Parque nacional Nahuel Huapi, con o lago Nahuel Huapi.
- Parque nacional Laguna Blanca.
- Parque nacional Los Arrayanes.
- Parque nacional Lanín, con o volcán Lanín.
- Parque provincial Copahue, con o volcán Copahue.
- Parque provincial do Tromen, con o volcán Tromen.