See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Provincia de Guipúscoa - Gipuzkoa - Wikipedia

Provincia de Guipúscoa - Gipuzkoa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Provincia de Guipúscoa na España
Provincia de Guipúscoa na España
Provincia de Guipúscoa no País Vasco
Provincia de Guipúscoa no País Vasco

Guipúscoa (en éuscaro: Gipuzkoa, en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia da Comunidade Autónoma Vasca (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco. Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Álava e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés). A súa capital é San Sebastián (en éuscaro: Donostia).

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, con unha área de 1.909 km2. A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km2).

Índice

[editar] Localidades importantes

Ademais da capital provincial, na costa destacan Irún, Fuenterrabía ( en vasco Hondarribia), Pasaxes (Pasaia) e Zarautz. Entanto Mondragón (Arrasate), Tolosa, Rentería (Errentería), Vergara (Bergara), Azpeitia e máis Eibar, son poboacións importantes no interior do seu territorio.

[editar] Xeografía

Na zona litoral as montañas chegan até o mar. As rías son pouco profundas (Deba, Orio, Pasaia), excepto a do Bidasoa, que fai de fronteira con o estado francés. Na zona central hai unha rede de ríos a beira dos cales se sitúan os principais centros industriais. A zona sur é a máis montañosa e onde se erguen as cimas máis elevadas (Aizgorri, 1.544 m).

Vista de Guetaria
Vista de Guetaria

[editar] Clima

O clima é de tipo atlántico con oscilacións de temperaturas non demasiado fortes, mais chuva abundante e repartida durante todo o ano. En San Sebastián a temperatura media do mes máis frío é de 7,8°C e a do maís cálido de 15,1°C. A media de precipitacións anual é de 1.506 mm. En consonancia a vexetación é atlántica, con faias, carballos e gran abundancia de pradeiras.

Macizo do Aizkorri desde Urbia
Macizo do Aizkorri desde Urbia

[editar] Economía

A economía guipúscoana está caracterizada polo seu forte desenvolvemento da industria, pero ao contrario que Biscaia, que se desenrolou a partir da industria pesada siderúrxica, Guipúscoa puxo en marcha unha industria lixeira diversificada sen perder. As industrias principais son a metalúrxica, a téxtil, a fabricación de armas e a de artes gráficas. A agricultura consiste sobretodo na obtención de ferraxes para a gandería bovídea, que abastece a importantes empresas alimentares. No litoral é moi importante a pesca (Pasaxes é o porto pesqueiro máis importante), e máis tamén o turismo.

A rede de estradas e de ferrocarrís está ben desenvolvida. Hai aeroporto rn Hondarribia.


Ikurrina País Vasco Ikurrina
Araba | Biscaia | Guipúscoa | Lapurdi | Navarra | Baixa Navarra | Zuberoa
Hegoalde | Iparralde


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -