Provincia de Guadalaxara
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A provincia de Guadalaxara (en castelán e oficialmente Guadalajara) é unha provincia de Castela-A Mancha, con capital na cidade homónima. Limita coa provincia de Cuenca polo Sur, coa Comunidade de Madrid polo Oeste, con Castela e León (provincias de Segovia e Soria) polo Norte e Noroeste, e con Aragón (provincias de Zaragoza e Teruel) polo Nordeste.
En 2005 tiña 203.114 habitantes, distribuídos nunha superfície de 12.190 km², que se repartían entre 288 municipios, dos cales tres cuartas partes son entidades con menos de 200 habitantes. Perto do 40% da poboación reside na capital.
[editar] Comarcas
- La Alcarria
- La Campiña
- Señorio de Molina
- Serra Norte-Sigüenza