Provincia de Biscaia - Bizkaia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Biscaia (en éuscaro: Bizkaia, en castelán: Vizcaya) é unha provincia da Comunidade Autónoma Vasca, ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco (Euskal Herria). Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sureste coa provincia de Burgos, ao sur coa provincia de Álava, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao (en éuscaro: Bilbo).
A provincia esténdese por unha superficie de 2.217 km2, e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1.139.863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km2.
|
|||
Araba | Biscaia | Guipúscoa | Lapurdi | Navarra | Baixa Navarra | Zuberoa | |||
Hegoalde | Iparralde |