Politeísmo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O politeísmo é toda aquela doutrina relixiosa que creè na existencia de múltiples Deuses ou divindades organizadas nunha xerarquía ou panteón. Non se refire a unha diferenza de nomenclatura -os distintos nomes dunha deidade- senón que se trata de distintos deuses con características individuais identificables. No politeísmo cada deidad pode ser honrada e invocada de xeito individual dependendo dos aspectos que se lle atribúan. Dentro do politeísmo existe tamén o henoteísmo, dentro do cal unha deidade ocupa un lugar de preeminencia e honra por encima das demais. Un exemplo típico de relixión politeísta é o hinduismo. Exemplos históricos son a relixión e mitoloxía grega, romana e nórdica.
Nas sociedades politeístas non adoita existir unha teoloxía propiamente dita, pero adoitan convivir con sistemas filosóficos e éticos bastante complexos. Cada forza sobrenatural (como o raio, a morte ou o embarazo) atende a uns mecanismos establecidos, que conforman unha complexa orde cósmica moi xerarquizada, descrita mediante mitos, lendas e obras sacras. No politeísmo, debido a un armazón moi consolidado de transmisión, oral ou escrita, o coñecemento é acumulativo, é dicir, é perfectamente ampliado ben pola especulación dos individuos dedicados a iso (chamans, bruxos, poetas, etc.) ou polo contacto intercultural.
Adóitase sinalar que o politeísmo corresponde a miúdo con sociedades igualmente xerarquizadas, cunha gran demarcación en clases sociais. Exemplos habituais darianse no antigo Exipto, na cultura clásica grega e romana ou no hinduismo. Algunhas crenzas politeístas sitúan ademais a preeminencia dun deus sobre o resto do panteón (culto coñecido como henoteísmo), o que fixo crer aos antropólogos evolucionistas que este sería o paso natural ao monoteísmo.
O politeísmo está considerado polos antropólogos evolucionistas como unha forma bastante avanzada de relixiosidade (propia dun certo nivel de civilización), na que as forzas da natureza son discriminadas, separadas e seleccionadas, e, finalmente, representadas por unha serie de deuses antropomórficos.
[editar] Politeísmo occidental
Dentro da cultura occidental é tamén posible atopar casos actuais de politeísmo. Un deles é a doutrina da pluralidade de deuses da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, quen afirman que Dios foi unha vez home e que cada ser humano está destinado a ser unha divindade. Así, cada home debe aprender o concernente ao tema durante a súa vida terreal e selarse nun templo mormón xunto a unha muller desta seita relixiosa, para formar xuntos un novo mundo e ser parte dunha divindade.
[editar] Véxase tamén
- Panteísmo
- Mormonismo
- Vudú