Polígono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Figura plana limitada por unha liña poligonal pechada sen interseccións entre os segmentos que a forman (exceptuando vértices extremos). O polígono será regular se tódolos lados teñen a mesma lonxitude e tódolos ángulos internos son iguais, e será irregular noutro caso. Os polígonos teñen o mesmo número de lados que de ángulos (por omisión, ó falar de ángulos dun polígono acostumamos referirnos só ós ángulos internos, referencia asumida na afirmación anterior).
Se n é o número de lados, o número de diagonais dun polígono está dado por n(n − 3) / 2.
[editar] Polígonos regulares
Os polígonos que teñen tódolos seus lados coa mesma lonxitude e todos os seus ángulos iguales chámanse polígonos regulares. A área dun polígono regular pode ser calculada da seguinte forma:
Supoñendo que:
A = Área
n = número de lados
l = lonxitude dun dos lados
a = apotema
Cúmplense as seguintes relacións:
[editar] Nomes dos polígonos regulares
Polígonos regulares |
---|
Triángulo | Cuadrilátero | Pentágono | Hexágono | Heptágono | Octágono | Eneágono | Decágono | Endecágono | Dodecágono | Tridecágono | Tetradecágono | Pentadecágono | Hexadecágono | Heptadecágono | Octodecágono | Eneadecágono | Isodecágono | Triacontágono | Pentacontágono | Hectágono |
[editar] Polígonos irregulares
Os polígonos irregulares son aqueles que non teñen tódolos lados e ángulos iguais. O cálculo da área dun polígono irregular pódese facer dividíndoo en polígonos menores (habitualmente triángulos), sendo a superficie total a suma das áreas de todos eles. Se o polígono é regular, este cálculo é , sendo p o seu perímetro (igual ó número de lados pola lonxitude dun deles) e a o apotema.