PJ Harvey
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
PJ Harvey | |
---|---|
PJ Harvey en concerto{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | Yeovil |
País | Inglaterra |
Período | 1990s- |
Xénero(s) | Rock, Indie Rock, Rock Alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Too Pure, Island Records |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial | www.pjharvey.net |
Polly Jean Harvey (de nome artístico, PJ Harvey), é unha cantautora nada en Yeovil (Inglaterra) o 9 de outubro de 1969. Dende o principio, co seu rock cru, directo e visceral, demostrou ser unha das compositoras máis influentes dos noventa, compoñendo cancións cuxos temas van dende o sexo ao amor, á relixión, ó humor negro ou á sensibilidade na feminidade.
Índice |
[editar] Traxectoria
Alcumada como "a Patti Smith dos 90", Polly Jean naceu nunha granxa de Yeovil, e dende moi xove aprendeu a tocar o saxo e a guitarra. Cando era unha adolescente participou en varias agrupacións ata 1991, ano no que formou o seu grupo PJ Harvey, xunto ao baxista Steve Vaughn e ó baterista Robert Ellis. Tanto o seu primeiro single, Dress, coma o segundo, Sheela-Na-Gig, foron un gran éxito; pouco a pouco, o grupo foise consolidando como unha nova banda de rock alternativa cuxa notoriedade aumentaba cada vez máis dentro do panorama musical.
En 1992 lanzaron o seu primeiro disco, Dry; un ano despois, e logo dunha longa e aclamada xira, PJ Harvey volveu a Londres para gravar o seu segundo traballo, Rid of me, cun son que estaba preto do noise e do punk nas guitarras; foi este disco o que converteu esta banda nun grupo de culto. Ao final de ano, sacaron á luz 4-Track Demos, un disco no que aparecían versión orixinais das cancións da placa anterior.
Despois da xira de Rid of me, Polly Jean emprendeu a súa carreira en solitario, lanzando o seu terceiro traballo en 1995, To Bring You My Love, xunto co baxista Mick Harvey e os guitarristas John Parish e Joe Gore. Este disco, cuxo single era a controvertida Down by the water, tivo unha grandiosa aceptación, tanto por parte da crítica coma do público en xeral.
A partir de 1996, a cantante estivo case inactiva, gravando soamente un tema a dúo con Nick Cave no disco deste último, Murder Ballads e cantando xunto ó seu socio John Parish en Dance Hall at Louse Point.
No 1998 lanza o seu quinto disco Is This Desire?, un disco ao que seguirían Stories from the City, Stories from the Sea no 2000, un álbum cun estilo máis pop; Uh Huh Her no 2004, que inclúe temas máis íntimos e apaixonados; e White Chalk no 2007, un álbum no que deixa de lado as guitarras eléctricas, as baterías potentes e unha voz desgarradora, para dar paso ao piano, á arpa, ao mellotron [1] e a unha voz aguda e fráxil.
[editar] Discografía
Álbums principais
Ano | Disco | Casa discográfica |
---|---|---|
1992 | Dry | Too Pure |
1993 | Rid of Me | Island Records |
1993 | 4-Track Demos | Island Records |
1995 | To Bring You My Love | Island Records |
1998 | Is This Desire? | Island Records |
2000 | Stories from the City, Stories from the Sea | Island Records |
2004 | Uh Huh Her | Island Records |
2007 | White Chalk | Island Records |
Compilacións
Ano | Disco | Casa discográfica |
---|---|---|
1995 | The B-Sides | Island Records |
2006 | The Peel Sessions 1991-2004 | Island Records |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Siren Rising (2004), biografía escrita por James Blanford.