Pistón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un pistón ou émbolo é unha peza móbel dunha máquina, con forma cilíndrica e que se despraza ao longo do cilindro. Se a máquina é un motor, transformando a presión que existe na cámara (de combustión nun motor de combustión interna, de expansión nunha máquina de vapor) en movemento alternativo, que xeralmente despois será convertido polo mecanismo de biela-manivela en movemento rotativo na cambota. Se a máquina é un compresor, transforma o movemento rotativo en enerxía comunicada a un fluído.
Compoñentes do automóbil : Motor |
---|
Cabeza: Xunta da cabeza – Cilindro – Inxector — Válvula – Balanceiro – Buxía – Colector |