Pilote
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pilote foi unha revista de historietas francesa, fundada por René Goscinny o 29 de outubro de 1959, na que foron publicados clásicos intemporales como "Astérix", "O Tenente Blueberry" ou "Valèrian, axente espacio-temporal". Tralo maio de 1968, integrou unha sección de humor de actualidade, con traballos de Reiser ou Gotlib, e historietas máis adultas, como "Les 6 Voyages de Lone Sloane" de Philippe Druillet ou a serie "Lendas de hoxe" de Pierre Christin e Enki Bilal.
Foi de aparición semanal na súa orixe (1959) e mensual a partir de xuño de 1974. Pilote pechou en 1989.