Petrila
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Petrila é unha cidade do distrito de Hunedoara en Romanía. A súa superficie é de 308.68 km² e a poboación de 25.840 habitantes (2002) e ten unha densidade de poboación de 83 h/km². Petrila é unha cidade eminentemente mineira, grazas aos xacementos de carbón que son explotados desde 1859. A maioría da poboación, 91.59% é de nacionalidade romanesa e conta cunha significativa minoría húngara, o 7.37%