Patriarca de Constantinopla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Patriarca de Constantinopla é o Patriarca ecuménico da Igrexa Ortodoxa. A diferenza do que ocorre na Igrexa Católica, o seu cargo é unicamente honorífico: compételle presidir os concilios nos que toma parte e é o principal portavoz da Igrexa Ortodoxa, pero non ten xurisdición nos asuntos internos das igrexas ortodoxas autocéfalas.
Ademais de ser o líder espiritual de 300 millóns de cristiáns ortodoxos repartidos por todo o mundo, é o xefe da igrexa ortodoxa autocéfala de Constantinopla, con preto de catro millóns de fieis en varios países.
O patriarca é considerado sucesor de André tal como o Papa é considerado sucesor do seu irmán Simón Pedro.
O actual Patriarca Ecuménico é a Súa Santidade, Bartolomeu I, desde o ano 1991.