Paranthropus boisei
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paranthropus boisei | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Paranthropus boisei | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O Paranthropus boisei (anteriormente tamén coñecido como Austrolopithecus boisei) foi unha especie homínida que habitou en África oriental entre hai 2'3 e 1'2 millóns de anos.
Os primeiro fósil, un cranio coñecido como OH5, descubriuno Mary Leakey na garganta de Olduvai en 1959 e Louis Leakey deulle o nome de Zinjanthropus boisei.
A colección de fósiles máis ampla recolleuse arredor do Lago Turkana polo equipo de Richard Leakey, destacando KNR ER 406, un cranio dun individuo masculino e adulto. O fósil KGA 10-525 procedente do xacemento de Konso (Etiopía) atopado en 1993 constitúe o único cranio con mandíbula que se atopou desta especie, pero ademais polo medio no que foi atopado dedúcese que o hábitat era de sabana.
[editar] Características
O seu cerebro tiña unha capacidade de 530 cc, a altura media era de 1'4 m, cun peso de entre 40 e 80 kg, a especie tiña un marcado dimorfismo sexual. Tiña grandes premolares, era unha especie especializada, cunha alimentación baseada en vexetais duros, de baixo valor nutritivo. Semellante ao Paranthropus robustus, pero máis robusco e corpulento ca el
Evolución humana |
Hominini |
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis |
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus |
Australopitecinos |
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi |
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus |
Humanos e Proto-humanos |
Kenyanthropus platyops |
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens |