See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Palau - Belau - Wikipedia

Palau - Belau

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Republic of Palau
Bandeira de Palau - Belau Escudo de Palau - Belau
Bandeira Escudo
Lema: Rainbow's End

(galego: «O final do arco da vella»)

Himno nacional: Belau rekid (O noso Palau)
 
 
Capital
 • Poboación
Melekeok
391
Cidade máis poboada Koror
Linguas oficiais Inglés, palauán, xaponés, angaur, tobiano e sonsorol¹
Forma de goberno República
Presidente Vicepresidente
Tommy Remengesau

Camsek Chin

Independencia
De Estados Unidos

1 de outubro de 1994

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 179º
458 km2
Despreciable
0 km km
1.519 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 189º
20.303 (2005 est.)
44 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2000)
 • PIB per cápita
Posto 183º
US$ 152 millóns
US$ 7.819
IDH n/d
Moeda Dólar ($, USD)
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
UTC 9
=
Dominio de Internet .pw
Prefixo telefónico +680
Prefixo radiofónico T8A-T8Z
Código ISO 585 / PLW / PW
Membro de: ONU

¹ O palauán é oficial en todo o país salvo en Angaur, Hatobohei e Sonsoral; o xaponés e o angaur son oficiais en Angaur, o tobiano en Hatobohei e o sonsorol en Sonsoral.

Tódolos países do mundo

As Palau ou Belau (en paluano) , República das Palaus en forma longa, son un estado do arquipélago das illas Carolinas, no Océano Pacífico occidental, comprendendo 26 illas e 300 illotes.

Índice

[editar] Historia

Ocupadas polo menos desde o 1000 A. X. C. por poboacións de orixe filipina ou doutras illas da Sonda, as illas son redescubertas polos españois (unha primeira vez no 1543 por Ruiz López de Villalobos, e logo en 1710 por Padilla), visitadas polos británicos e logo ocupadas por España no 1875 baixo o nome de Islas Palaos (o papa León XIII confirma a soberanía española sobre as Carolinas en 1885, en detrimento de Alemaña). España fainos evanxelizar polos capuchinos que introducen a alfabetización, ata a súa derrota cando a guerra hispano-norteamericana, onde as Palau son vendidas a Alemaña no 1899 coas outros illas Carolinas. Forman entón parte da Nova Guinea alemá. Son ocupadas polo Xapón o 8 de outubro do 1914 (confirmado por un mandato da Sociedade das Nacións), e logo polos Estados Unidos (15 de setembro ao 10 de outubro do 1944), baixo a autoridade das Nacións Unidas (a partir do 18 de xullo do 1947), coma unha parte do Trust Territory of the Pacific Islands (territorio tutelado das illas do Pacifico). Catro dos distritos do territorio formaron un estado federal en 1979, mais os distritos das Palau e das illas Marshall refugan participar. Os Palaus aproban entón nun referendum a súa independencia en 1979, aproban unha nova constitución que entra en vigor o 1 de xaneiro do 1981 e asinan un tratado de libre asociación cos Estados Unidos no 1982. Despois de oito referendos e un enmendamento á Constitución das Palau, a Libre Asociación é ao fin ratificada no 1993 e entra en vigor o 1 de outubro do 1994 (que marca a pasaxe da tutela á independencia efectiva).

[editar] Política

O parlamento nacional da República de Palau denomínase Olbiil Era Kelulau (OEK), o que signifia a Casa das decisións marmuradas. Este parlamento consta de dúas cámaras renovadas cada 4 anos. A cámara dos delegados tén 16 membros, un de cada estado de Palau. O Senado tén 9 senadores que son elixidos en función da poboación de cada distrito.

O poder executivo (goberno) de Palau consta dun Presidente, un Vicepresidente e un Consello dos Xefes. O vicepresidente é un dos ministros.

O Consello das xefes está composto por un dos xefes de cada estado da República. O Consello consella ao Presidente en canto a dereito en relación coa constitución e leis de Palau.

A Constitución de Palau dá o poder xudiciario supremo á Corte suprema. Baixo a súa xurisdición, ten a Couro nacional (Nacional Court).

[editar] Estados federados

Tén 16 estados federados  :

  • Aimalik ou Aimaliik (B)
  • Airai (B)
  • illa Angauro (ou Anguar)
  • illa Hatohobei (ou Tobi)
  • illa de Kayangel
  • Koror
  • Malekeok (B)
  • Ngaraardo (B)
  • Ngarchelong
  • Ngardmaido (B)
  • Ngatpang (B)
  • Ngchesar (B)
  • Ngeremlengui (B)
  • Ngiwal (B)
  • illa de Peleliu
  • Sonsorol (dentro das South West Islands que comprenden Sonsorol ou Sonsoral, Pulo Ana e Marir)

A maior parte destes estados partillan a illa de Babeltoap (sinaladas coa letra B).

[editar] Xeografia

É un arquipelago do oceano Pacifico, ao sur do mar das Filipinas e ao norte da Papuasia. O arquipélago fai parte do conxunto chamado Micronesia.

As illas principais de Palau son Anguar, Babeldaob, Koror e Peleliido que están preto da mesma barreira de coral. Case dous terzos da poboación vive en Koror. Ao norte destas illas está o atol de Kayangel. As illas Rock (aproximadamente 70) están inhabitadas. Un grupo illado de seis illas, as illas do Sur-Oeste (Soutweso Islands), sendo Sonsorol, a máis de 600 km das illas principals, forman igualmente parte das Palau.

Mapa de Palau
Mapa de Palau

[editar] Economía

A economía consiste principalmente no turismo, agricultura de subsistencia, e a pesca. O goberno é o principal empleador da forza de traballo, confiando fortemente na axuda financeira dos Estados Unidos. As visitas por negocios e turismo chegaron a 50,000 no ano financeiro 2000/2001. A poboación goza dun ingreso per cápita dúas veces maior que o das Filipinas e de gran parte de Micronesia. Propostas clave de longa duración para o sector turístico foron moi alentadas pola expansión do transporte aéreo no Pacífico, a crecente prosperidade dos países líderes do leste de Asia, e a vontade dos estranxeiros por financiar o desenvolvemento da infraestrutura.

En xullo de 2004, Micronesia Air foi lanzada con servizos desde Palau a Yap, Guam, Micronesia, Saipán, Australia, e as Filipinas.

[editar] Cultura

A lingua principalmente falada nas Palaus, o paluano, é unha lingua austronesia — mais contrariamente á maior parte das linguas parladas en Oceanía, é máis próxima das linguas faladas en Asia do Sureste (en especial nas Filipinas) que das doutras linguas da Micronesia.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -