One Tree Hill (Nova Celandia)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
One Tree Hill é un monte volcánico de 182 metros situado en Auckland, Nova Celandia. Deu nome ó suburbio da cidade que medrou arredor da súa aba, o volcán coñécese en maorí como Maungakiekie. O lugar e os seus arredores eran o lugar de residencia da tribo dos Wai ou Hua polo menos desde o 1700. No cumio encóntrase a tumba de John Logan Campbell culminada por un obelisco. Xa non está a totara (árbore sagrada maorí) que un colono inglés queimou en 1852 nin as árbores que se plantaron pra substituílo.