Oitomil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese co nome de oitomiles os 14 cumios máis altos do planeta, pois teñen máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atópanse todas elas nas cordilleiras do Himalaia e do Karakoram, en Asia.
Na lista só se consideran aqueles cumes que teñen unha preminencia topográfica de 200 a 500 metros, o que serve para descartar subcumios e cumios intermedios. Algúns destes cumios intermedios, como o cumio intermedio do Lhotse tamén teñen a súa particular historia de escaladas, rotas e deportistas.
Velaí a lista de montañas que superan os 8.000 metros:
Orde | Nome | Altura (m.) | Cordilleira | País | Primeiro ascenso |
---|---|---|---|---|---|
1 | Everest | 8.848 | Himalaia Mahalangur | Nepal</noinclude> - Tíbet | 1953 |
2 | K2 | 8.611 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1954 |
3 | Cancheniunga | 8.586 | Himalaia Cancheniunga | Nepal</noinclude> - India | 1955 |
4 | Lhotse | 8.516 | Himalaia Mahalangur | Nepal</noinclude> - Tíbet | 1956 |
5 | Macalu | 8.485 | Himalaia Mahalangur | Nepal</noinclude> - Tíbet | 1955 |
6 | Cho Oiu | 8.188 | Himalaia Mahalangur | Nepal</noinclude> - Tíbet | 1954 |
7 | Daulaguiri | 8.167 | Himalaia Daulaguiri | Nepal</noinclude> | 1960 |
8 | Manaslu | 8.163 | Himalaia Manaslu | Nepal</noinclude> | 1956 |
9 | Nanga Parbat | 8.125 | Himalaia Nanga Parbat | Paquistán | 1953 |
10 | Annapurna 1 | 8.091 | Himalaia Annapurna | Nepal</noinclude> | 1950 |
11 | Gasherbrum 1 | 8.080 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1958 |
12 | K3 | 8.051 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1957 |
13 | Gasherbrum 2 | 8.034 | Karakoram Baltoro | Paquistán - China | 1956 |
14 | Xixapangma | 8.027 | Langtang Himalaia | Tíbet | 1964 |
[editar] Alpinistas que completaron os oitomiles
A primeira persoa en escalar todas as catorce montañas com mais de 8000 m foi o italiano Reinhold Messner. Completou a fazaña o 16 de outubro de 1986. Un ano máis tarde, en 1987, o polaco Jerzy Kukuczka foi o segundo home en facelo. Ata a actualidade (2007), só trece persoas, todas elas homes, o conseguiron.
Nome | Período | Nacionalidade | |
---|---|---|---|
1 | Reinhold Messner | 1970-1986 | Italia |
2 | Jerzy Kukuczka | 1979-1987 | Polonia |
3 | Erhard Loretan | 1982-1995 | República Checa |
4 | Carlos Carsolio | 1985-1996 | México |
5 | Krzysztof Wielicki | 1980-1996 | Polonia |
6 | Juanito Oiarzabal | 1985-1999 | España |
7 | Sergio Martini | 1976-2000 | Italia |
8 | Hong-Gil Um | 1988-2000 | Corea do Sur |
9 | Park Young Seok | 1993-2001 | Corea do Sur |
10 | Alberto Inurrategi | 1991-2002 | España |
11 | Han Wang Yong | 1994-2003 | Corea do Sur |
12 | Ed Viesturs | 1989-2005 | Estados Unidos |
13 | Alan Hinkes | 1987-2005 | Reino Unido |