Nicolau Nasoni
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nicolau Nasoni (San Giovanni Valdarno, 2 de xuño de 1691- Porto, 30 de agosto de 1773) foi un arquitecto ítalo-portugués que desenvolveu moito do seu traballo en Portugal, especialmente na cidade do Porto.
[editar] Biografía
Debido ao traballo do seu avó, que era empregado na casa Davanzatb, talvez como administrador de bens, Nasoni certamente manteu relacións con fidalgos do Porto, vários dos cales eran padriños de seus numerosos irmáns - era o máis vello dun fato de nove.
Antes de se mudar para a cidade do Porto, Nasoni vivíu em Siena, Roma e, máis tarde, en Malta, onde deu os primeiros pasos en arquitectura. Foi nesta illa que asinou e pintou um teito no pazo da Valeta, en 1724, obra dirixida a frei D. Antonio Manuel de Villena, Gran Mestre da Orde de Malta.
Non é coñecida de certo a data exacta na que este arquitecto chega á cidade do Porto. Sabese apenas que en novembro de 1725 iniciou um traballo de pinturas na Sé do Porto.
O 31 de xullo de 1729 casa nesta cidade cunha fidalga napolitana, Dª. Isabel Castriotto Rixaral, que morrerá un ano despois (1730), moi probabelmente debido a complicacións no parto do seu único fillo, de nome Xosé, nacido algúns dias antes, a 8 de xunho. O padriño de Xosé, un fidalgo portuense, empregou a Nasoni na obra da casa e xardim da Quinta da Prelada.
So influencia deste mesmo fidalgo, en 1731 é solicitado para deseñar a igrexa dos Clérigos, que lle deu traballo para máis de 30 anos e o inmortalizou.
Aínda em 1731 Nasoni volta a casar, desta vez cunha portuguesa, Antonia Mascarenhas Malafaia, da cal houbo 5 fillos.
Un pouco no espírito do Renacemento italiano, Nasoni dedicouse a traballos artisticos abondo, desde pintura a ourivesaria, especialidade tradicional no Porto. Tornouse uma especie de Michelangelo para esta cidade, que en pouco tempo lle soubo recoñecer o debido valor.
A partir de aí, realizou innúmeros traballos no Porto e Norte de Portugal, dos cales se destacan o pazo do Freixo (Porto), a igrexa do Bon Xesús (Matosiños), o pazo de S. Xoán Novo (Porto), o corpo central do pazo de Mateus (Vila Real) e, obviamente, a Torre dos Clérigos (Porto).
A obra onde Nicolau Nasoni se evidencia máis como escultor está na Quinta de S. Gens, na Señora da Hora (concello de Matosiños). Entre 1725 e 1738, surxe entón a casa señorial, co seu corpo rectangular, un torreón central recuado, grande patio fronteiro á casa, escadas exteriores, e pasaxe central sobre o patamal das escadas, polo que se accede á planta baixa.
Vindo para a cidade como pintor, sobresairá aquí sobretodo como arquitecto, mais tamém como deseñador de esculturas, revelando un notábel sentido de integración paisaxística das obras arquitectónicas.
Morreu inexplicabelmente na pobreza a 30 de agosto de 1773. Foi sepultado precisamente na igrexa dos Clérigos, non se coñecendo, porén, o lugar exacto onde se encontra o seu túmulo.
Non sobreviveu nengún retrato deste artista que tanto fixo polo Porto. Modelo:Commonscat