See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Nicolae Ceauşescu - Wikipedia

Nicolae Ceauşescu

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Nicolae Ceauşescu
Nicolae Ceauşescu

Nicolae Ceauşescu (Scorniceşti, Romania, 26 de xaneiro de 1918 - Târgovişte, Romania, 25 de decembro de 1989), político, comunista e ditador romanés.

[editar] Biografía

Naceu na vila de Scorniceşti, Oltenia, Romania. Segundo algunhas versións, mentres era empregado dun zapateiro estaba vagando nunha estación de ferrocarril e roubou unha maleta, o que foi descuberto pola Policía. A maleta resultou estar repleta de panfletos do Partido Comunista Romanés polo que foi levado preso a Doftana, xunto con outros comunistas. Dise que este foi o seu primeiro contacto co comunismo.

Foi membro do ilegal Partido Comunista Romanés (PCR) no período anterior á Segunda Guerra Mundial. Ceauşescu estivo preso entre 1936 e 1940 polas súas actividades. Logo da guerra, cando Romania empezou a caer baixo a influencia soviética, Ceauşescu exerceu como secretario da Unión de Mocidades Comunistas (1944-45). Despois de que os comunistas tomaron o poder en Romania en 1947, asumiu o cargo de ministro de Agricultura e despois serviu como ministro subrogante das Forzas Armadas no goberno leninista de Gheorghe Gheorghiu-Dej. Ceauşescu eventualmente ascendeu ata a segunda posición na xerarquía do Partido.

Coa morte de Gheorghiu-Dej en marzo de 1965, Ceauşescu converteuse en líder do PCR e en 1967 chegou á presidencia do Consello do Estado. Rapidamente converteuse nunha figura popular, grazas á súa política independente, que desafiaba a supremacía da Unión Soviética no país.

Nos anos 60 rematou coa participación activa de Rumania na alianza militar do Pacto de Varsovia, destacando a súa condena á invasión de Checoslovaquia en 1968. En 1974 Ceauşescu converteuse en presidente de Rumania, mantendo a súa posición independente nas relacións internacionais. Por iso, en 1984, o seu país foi un dos dous países pertencentes ao eixo comunista que participaron nos Xogos Olímpicos dos Angeles 1984. Ademais, o país foi o primeiro do bloque do leste en ter relacións oficiais coa Comunidade Europea.

Con todo, Ceauşescu non quixo realizar reformas liberais. A evolución do seu réxime seguiu a ruta leninista imposta por Gheorghiu-Dej. A súa oposición ao control soviético foi maiormente determinado pola súa falta de vontade de cambiar a súa política estalinista. A policía secreta romanesa (Securitate), mantivo un firme control sobre a liberdade de expresión e os medios de comunicación e non tolerou a existencia algunha de oposición. Isto intensificouse nos anos 80.

Para pagar a débeda externa acumulada produto da industrialización acelerada na década anterior, ordenou a exportación de gran parte da produción agrícola e industrial do país. O resultado foi a escaseza de comida, enerxía e medicamentos, que provocou que a vida diaria dos romaneses fose unha loita pola supervivencia. Ceauşescu ademais instituiu un culto á súa persoa, dándose a si mesmo o título de Conduc?tor, tendo ata un cetro feito para el como presidente. Tamén múltiples membros da súa familia tiveron importantes posicións no seu goberno, como a súa muller Elena Ceauşescu.

En 1978 Ion Mihai Pacepa, un experimentado membro do Securitate, desertou a Estados Unidos, o que foi un duro golpe para o réxime e levouno a redeseñar a arquitectura da policía secreta. O libro de Pacepa, Horizontes vermellos: Crónicas dun espía comunista (1986), sinala que o réxime de Ceauşescu colaborou con terroristas árabes e realizou espionaxe a industrias de países occidentais.

Empezando en 1972, Ceauşescu instituiu un programa de sistematización, que foi promulgado como unha forma de construír unha «sociedade socialista desenvolvida multilateral». O programa de demolición, construción e recolocación empezou nas zonas rurais, terminando co intento de remodelar completamente a capital. Un quinto das construcións de Bucarest, incluíndo igrexas e edificios históricos, foron botados abaixo, e substituídos por edificacións que seguían o estilo personalista do réxime. Moita xente morreu durante a construción do "Palacio do Pobo" (Casa Poporului), en Bucarest, o que actualmente ocupa o Parlamento e que é o segundo edificio máis grande do mundo, despois do Pentágono. Tamén planificou a demolición de múltiples vilas para mover aos seus habitantes a edificios de bloques nas cidades, como parte do seu programa de urbanización e industrialización.

O réxime de Ceauşescu colapsou tras ordenarlles ao Exército e á Securitate disparar en contra de protestantes anticomunistas en Timişoara o 17 de decembro de 1989. A rebelión ampliouse polo país, chegando a Bucarest e o 22 de decembro as Forzas Armadas fraternizaron cos protestantes. O mesmo día Ceauşescu e a súa esposa fuxiron da capital nun helicóptero, mentres un axudante apuntaba a cabeza do piloto cunha pistola. O piloto aterrou tras simular un fallo mecánico e Ceauşescu foi capturado polas Forzas Armadas nun bloqueo de estrada.

O 25 de decembro Ceauşescu e a súa muller foron condenados á morte por unha "Corte marcial" nun xuízo sumario baixo unha serie de cargos, entre os que se inclúen o xenocidio, sendo executados en Târgovişche. Algunhas secuencias destes sucesos foron transmitidas pola televisión Romanesa. Rumania foi o único país de Europa oriental que derrocou violentamente ao seu réxime comunista.

Logo da caída de Ceauşescu, Ion Iliescu gañou as eleccións presidenciais en 1990.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -