Morris Swadesh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Morris Swadesh (Holyoke, Massachusetts, 1909- Cidade de México, 1967) foi un lingüísta norteamericano, reputado, entre outras cousas, como creador da Glotocronoloxía.
Índice |
[editar] Biografía académica
Swadesh naceu en Holyoke, Massachusetts, o 22 de xaneiro de 1909, no seo dunha familia de orixe xudea, na que a língua era o yiddish. Considerado discípulo de Edward Sapir, graduouse en lingüística en 1930, ao completar os estudos na Universidade de Chicago. En 1933 doutorouse en Yale, cun traballo que se centraba na língua dos nootka. Máis tarde estudou o chitimacha, do que descubríu que era unha língua aillada. Os seus traballos sobre este idioma son agora utilizados para estudala, porque hoxe figura como unha língua morta.
En 1937 marchou para México, onde foi director do Consello de Línguas Indíxenas (Consejo de Lenguas Indígenas), e director de lingüística no Departamento de Asuntos Indíxenas. En 1941 regresou aos EUA para colaborar no exèrcito na elaboración de diccionarios de chinès, birmano, ruso e español. Mais en 1948 retiróuselle o pasaporte, acusado de realizar activisades "esquerdistas". En 1953 tornou a México para exercer de profesor de antropoloxía e lingüística.
Estivo casado con a tamén lingüísta Mary Rosamund Haas. Faleceu na Cidade de México o 20 de xullo de 1967.
[editar] Labor
Morris Swadesh contribuíu profundamente ao estudo da Fonoloxía, desenvolvendo unha serie de principios destinados a definir os fonemas dunha língua a partir da distribución dos sons. Por exemplo, en inglés o son /p/ é diferente nos vocábulos /pit/ (« buraco »), /upper/ (« en alto ») e /spill/ (« difundir »). A pronunciación dun depende da súa posición na palabra. Swadesh suliñou que estas variantes de son, posicionais son « distribuídas de modo complementario », polo que deben ser consideradas como caso dentro dun mesmo tipo de son ou fonema. A análise distribucional tornouse un procedemento xeral no estudo dos elementos de base da estrutura das línguas, permanecendo até o presente como parte integrante da metodoloxía lingúística.
Outra das súas obras máis duradeira é a denominada lista Swadesh de 100 "significantes" básicos que se utilizar, non sen controversia académica, para descubrir a xenealoxía das língüas. Esta tècnica coñécese como Glotocronoloxía, ás veces tamén dita Lexicoestatística, aínda que existen certas diferencias entre ambas disciplinas.
[editar] Selección de publicacións
- Swadesh, Morris (1932), The Expression of the Ending-Point Relation in English, French, and German.
- Swadesh, Morris (1934), The Phonemic Principle, in Language, 10.
- Swadesh, Morris (1937), A Method for Phonetic Accuracy and Speed, in American Anthropologist, 39.
- Swadesh, Morris (1950), Salish internal relationships, in International Journal of American Linguistics, 16, 157-167.
- Swadesh, Morris (1952), Lexicostatistic dating of prehistoric ethnic contacts, in Proceedings American Philosophical Society, 96, 452-463.
- Swadesh, Morris (1955), Towards greater accuracy in lexicostatistic dating, in International Journal of American Linguistics, 21, 121-137.
- Swadesh, Morris (1959) Linguistics as an Instrument of Prehistory, in Southwestern Journal of Anthropology, 15.
- Swadesh, Morris (1971) The Origin and Diversification of Language. Routledge & Kegan. Londres (inacabado).
[editar] Bibliografia
- Newman, Stanley. (1967), Morris Swadesh (1909-1967), in rev. Language, 43.