See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Miguel Hernández - Wikipedia

Miguel Hernández

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Miguel Hernández Gilabert (Orihuela, Alacante; 30 de outubro de 1910Alacante, 28 de marzo de 1942), foi un poeta e dramaturgo de especial relevancia na literatura castelá do século XX. Aínda que tradicionalmente estivo encadrado na xeración do 36, Miguel Hernández mantivo unha maior proximidade coa xeración anterior, ata o punto de ser considerado por Dámaso Alonso como «xenial epígono da xeración do 27».

Índice

[editar] Biografía

[editar] Infancia e mocidade

Naceu como segundo fillo varón nunha humilde familia de Orihuela dedicada á crianza de gando. Pastor de cabras desde moi pequeno, Miguel foi escolarizado entre 1915 e 1916 no centro de ensinanza «Nuestra Señora de Monserrate», e entre 1918 e 1923 recibe educación primaria nas escolas do Ave María. En 1923 pasa a estudiar o bacharelato no colexio de Santo Domingo de Orihuela, rexentado polos xesuítas. En 1925 abandonou os estudios por orde paterna para dedicarse en exclusiva ó pastoreo, aínda que pouco tempo despois cursa estudios de dereito e literatura. Mentras coida o rabaño, Miguel le con avidez e escribe os seus primeiros poemas.

Por entón, o canónigo Luis Almarcha inicia unha amizade con Miguel e pon a disposición do mozo poeta libros de San Juan de la Cruz, Gabriel Miró, Paul Verlaine ou Virxilio entre outros. As súas visitas á Biblioteca Pública son cada vez máis frecuentes e empeza a formar un improvisado grupo literario xunto a outros mozos de Orihuela en torno á tahona do seu amigo Carlos Fenoll. Os principais participantes naquelas reunións son, ademais de Miguel e o propio Carlos Fenoll, o seu irmán Efrén Fenoll, Manuel Molina, e José Marín Gutiérrez, futuro avogado e ensaísta que posteriormente adoptaría o pseudónimo de «Ramón Sijé» e a quen Hernández dedicará a súa célebre Elegía. A partir deste momento, os libros serán a súa principal fonte de educación, convertíndose nunha persona totalmente autodidacta. Os grandes autores do Século de Ouro: Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Calderón de la Barca, Garcilaso de la Vega e, sobre todo, Luis de Góngora, converteranse nos seus principais mestres.

[editar] Segunda viaxe a Madrid

Tras este prometedor comezo marcha a Madrid por segunda vez para obter traballo, esta vez con mellor fortuna, pois logra primeiro ser nomeado colaborador nas Misións Pedagóxicas e máis tarde é escollido como secretario e redactor da enciclopedia Los toros, sendo no futuro o seu director e principal redactor, José María de Cossío, o seu máis fervente entusiasta. Colabora ademais con frecuencia en Revista de Occidente, e mantén unha tórrida relación coa moi liberada pintora Maruxa Mallo, que lle inspira parte dos sonetos de Rayo que no cesa. Preséntase a Vicente Aleixandre e fai amizade con el e con Pablo Neruda; esta é a orixe da súa breve etapa dentro do Surrealismo, con aliento torrencial e inspiración telúrica. A súa poesía por entón faise máis social e manifesta ás claras un compromiso político cos máis pobres e desherdados. En decembro de 1935 morre o seu fraternal amigo de toda a vida, Ramón Sijé, adicándolle a súa extraordinaria Elegía, que provoca o difícil entusiasmo de Juan Ramón Jiménez nunha crónica do xornal El Sol.

[editar] Guerra Civil

Ó estalar a Guerra Civil, Miguel Hernández alístase no bando republicano. Hernández figura no 5º Reximiento e pasa a outras unidades nas frontes da batalla de Teruel, Andalucía e Extremadura. En plena guerra, logra escapar brevemente a Orihuela para casar o 9 de marzo de 1937 con Josefina Manresa. Ós poucos días ten que marchar á fronte de Xaén. No verán de 1937 asistiu ó II Congreso Internacional de Escritores Antifascistas, celebrado en Madrid e Valencia, e máis tarde viaxou á Unión Soviética en representación do governo da República, de onde regresou en outubro para escribir o drama Pastor de la muerte e numerosos poemas recollidos máis tarde na súa obra El hombre acecha. En 1938 nace o seu primeiro fillo, Manuel Ramón, que morre ós poucos meses e a quen está dedicado o poema Hijo de la luz y de la sombra e outros recollidos no Cancionero y romancero de ausencias, e en xaneiro de 1939 nace o segundo, Manuel Miguel, a quen adicou desde o cárcere as famosas Nanas de la cebolla. Escribe un novo libro: Viento del pueblo. Destinado á 6ª división, pasa a Valencia.

[editar] Prisión e morte

En abril, o xeneral Franco declara concluída a guerra, cando se rematara de imprimir en Valencia El hombre acecha; aínda sen encadernar, unha comisión depuradora franquista, presidida polo filólogo Joaquín de Entrambasaguas, ordea a destrucción completa da edición; porén dous exemplares que se salvaron permitirán reeditar o libro en 1981. O seu amigo Cossío ofrécese a acollelo en Tudanca, pero o poeta decidiu volver a Orihuela. Pero alí corre moito risco e decide ir a Sevilla pasando por Córdoba coa intención de cruzar a fronteira de Portugal por Huelva, pero a policía de Salazar entrégao á Guardia Civil; do cárcere de Sevilla trasládanno ó penal de Torrijos en Madrid, e alí, grazas ás xestións que realiza Pablo Neruda ante un cardeal, é posto en liberdade inesperadamente sen ser procesado en setembro de 1939; de volta a Orihuela, é delatado e detido, e xa na prisión da praza de Conde de Toreno en Madrid, é xulgado e condeado a morte en marzo de 1940. Cossío e outros amigos intelectuais interceden por el e se lle conmuta a pena pola de trinta anos de reclusión. Pasa á prisión de Palencia en setembro de 1940 e en novembro ó Penal de Ocaña. En 1941 é trasladado ó Reformatorio de Adultos de Alacante. Da bronquite pasa ó tifus, e este se lle complica con tuberculose. Falece na enfermería da prisión alacantina ás 5.30 da mañá do 28 de marzo de 1942, con 31 anos de idade. Dise que non puideron pecharlle os ollos, feito sobre o que o seu amigo Vicente Aleixandre compuxo un poema. É enterrado no nicho número 1.009 do camposanto da Nosa Señora do Remedio de Alacante, o 30 de marzo.

[editar] Obras

[editar] Poesía

  • Perito en lunas, Murcia 1933 (Prólogo de Ramón Sijé).
  • El rayo que no cesa, Madrid 1936.
  • Viento del pueblo. Poesía en la guerra, Valencia 1937 (Prólogo de Tomás Navarro Tomás).
  • El rayo que no cesa, Bos Aires 1949 (Prólogo de José María Cossío. Inclúe poemas inéditos).
  • Seis poemas inéditos y nueve más, Alscante 1951.
  • Obra escogida, Madrid 1952 (Inclúe poemas inéditos).
  • Cancionero y romancero de ausencias (1938–1941), Bos Aires 1958 (Prólogo de Elvio Romero).
  • Antología, Bos Aires 1960 (Selección e Prólogo de Mª de Gracia Ifach. Inclúe poemas inéditos).
  • Obras completas, Bos Aires 1960 (Ordenada por E. Romero. Prólogo de Mª de Gracia Ifach).
  • El hombre acecha, Santander 1961 (Facsímil da primeira edición de 1939 perdida na imprenta).
  • Obra poética completa, Madrid 1979 (Introducción, estudio e notas de Leopoldo de Luis e Jorge Urrutia).
  • Veinticuatro sonetos inéditos, Alacante 1986 (Edición de José Carlos Rovira).

[editar] Teatro

  • Quién te ha visto y quién te ve y sombra de lo que eras, Madrid 1929.
  • El labrador de más aire, Valencia 1937.
  • Teatro en la guerra, Alacante 1938.

[editar] Vídeo-reportaxes en liña

[editar] Ligazóns externas

(todas en castelán)


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -