Media (matemáticas)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Media é unha medida que resume información de datos numéricos. É un valor que indica unha posición central a respeito de todos os datos. Por isto se clasifica como medida de posición central xunto con outras como a mediana e a moda.
A Media é a medida estatística de máis amplo uso dado a facilidade de cálculo. O erro típico da média, isto é canto varía a média de unha mostra a outras depende da dispersión dos datos (desviación típica) e do número de datos que interveñen no seu cálculo. Cantos máis datos teñamos para calcular a média máis "fiábel" será no sentido de que variará menos de mostra a mostra.
Cómo se calcula a média? De xeito fácil se suman todos os datos e se divide entre o número de datos. A isto se lle coñece como média aritmética simple.
A media aritmética en promedio dunha cantidade finita de números é igual á suma de todos eles dividida entre o número de sumandos.
Tamén pode denominarse a media aritmética como o punto central que pon en equilibiro unha situación, o cal e necesariamente a mitade.
Así, dados os números a1,a2, ... , an, a media aritmética será igual a:
Por exemplo, a media aritmética de 8, 5 e -1 é igual a (8 + 5 + (-1)) / 3 = 4.
O símbolo µ (mu) é usado para a media aritmética de unha población. Usamos X, cunha barra horizontal sobre el símbolo para medias de una muestra: .
Outras medias estatísticas son: a media xeométrica, a media harmónica, a media cadrática, a media ponderada, a media aritmética, a media aritmética xeométrica, a media xeralizada, e as medias recortadas de nivel alfa (dado en %).