Masudi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abd al-Hasan Ali ibn al-Husayn Masudi (Bagdad ? - 956), historiador, xeógrafo e filósofo árabe. Viaxou por Al-Andalus, India, Sri Lanka, China e pasou os seus últimos anos en Siria e Exipto.
Escribiu unha historia universal e as observacións das súas viaxes en 30 volumes. Foi o primeiro en describir os muíños de vento.