Manuel da Maía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel da Maia (Lisboa, 1680 — 17 de setembro de 1768), xeneral, foi un arquitecto e enxeñeiro portugués, Enxeñeiro-Maior do reino en tempos do rei D. Xosé I.
Figura de relevo do século XVIII, o enxeñeiro Manuel da Maía estivo directamente envolvido, e foi o responsábel do êxito dalgúns dos máis ambiciosos proxectos de enxeñaría da época, tales como o Acueduto das Águas Livres ou a elaboración da nova planta da cidade de Lisboa, despois do terremoto de 1755. Centro de varias homaxes en vida, tales como condecoracións e mercés honoríficas, das que destaca o título de fidalgo da Casa Real e o de xeneral.
Contodo sería en novembro de 1755, na altura de cerca de 80 anos de idade, cando a conscuencia do terremoto de Lisboa, que Manuel da Maía deixaría, talvez, o seu maior legado: a coordinación da reconstrución da cidade de Lisboa.
Optando pola proposta do capitán de enxeñaría Eugénio dos Santos, creou o que hoxe é coñecido como a Baixa Pombalina. Neste proxecto colaborou tamén o enxeñeiro, de orixe húngara, Carlos Mardel.
Manuel da Maía ademais dun enxeñeiro de campo, foi tamén profesor da Aula de Fortificacións, tendo tido o futuro rei Rei D. Xosé I como alumno.
Menos coñecido, mais igualmente de grande importancia para a historia de Portugal, foi o trabalo desenvolvido por Manuel da Maía encanto Guarda-mor do Real Arquivo da Torre do Tombo, posto que asumíu o 12 de novembro de 1745.
O Museo da Auga de Lisboa, dedicado à historia do abastecemento de auga da cidade, homenaxea a Manuel da Maía.
[editar] Ver tamén
- História da arquitectura en Portugal