Manuel Prado López
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Prado López naceu en Boborás, Ourense o 5 de xuño de 1958. É mestre de Formación Profesional.
Alcalde de Beariz, Ourense desde as eleccións municipais de 1983 pola coalición AP-PDP-UL. Nesta lexislatura acada cinco concelleiros, o que lle dá a maioría absoluta, que repite en 1987 coa coalición AP-CdeG, coa particularidade de obter todos os concelleiros en xogo, acontecemento que logrará nos sucesivos comicios.
En 1996 preséntase ás eleccións ó Parlamento Español, no que resulta elixido, na candidatura do Senado pola provincia de Ourense, desenvolvendo o traballo parlamentario durante as VI e VII lexislaturas, entre 1996 e 2004.
Tamén é presidente da Mancomunidade de Municipios de O Carballiño e vocal na Fundación Terras de Beariz.
Predecesor: - |
alcalde de Beariz 1983-2011 |
Sucesor: no cargo |
[editar] Datos persoais
Está casado e ten tres fillos.