Linguaxe Unificada de Modelado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En enxeñeria software, a Linguaxe Unificada de Modelado (Unified Modeling Language, UML) é unha linguaxe de especificacion e mais de modelado de obxectos; é un estandar aberto. Nembargantes, o uso de UML non se restrenxe a modelado de obxectos: pode usarse para para modelado de procesos de negocio (business process) e mais para modelado de organizacions, e incluso para modelado hardware.
UML é o froito da recopilacion das mellores practicas de enxeñeria que teñen sido probadas no modelado de sistemas grandes e complexos, en particular ao nivel de arquitectura software.
UML usase, xunto con un proceso asociado, para especificar, describir visualmente, construir e documentar os aparellos/elementos (artifacts) , en forma de orientacion a obxectos, dun sistema ou aplicacion.
Índice |
[editar] Historia
UML é un estandar na industria, amplamente utilizado.
Foi criado baixo os auspicios da OMG, integrando os conceptos de Booch, OMT, OOSE e Class-Relation fundindo-os nunha unica e comun linguaxe de modelado, permitindo o modelado de sistemas distribuidos.
[editar] Caracteristicas
Hai tres modelos prominentes no desenvolvimento dun sistema en UML:
- Modelo funcional: descrebe, en forma de Casos de Uso (Use Cases) as funcionalidades a realizar polo sistema desde o ponto de vista do usuario final.
- Modelo de Clases/Obxectos (modelo estatico): Descrebe as estruturas do sistema, en forma de diagramas de clases/obxectos, cos seus atributos e inter-relacions.
- Modelo Dinamico: descrebe a dinamica do sistema. Provee os seguintes diagramas para este fin:
- Diagramas de secuencia: diagramas de interacion entre clases/obxectos nunha perspectiva temporal.
- Diagramas de colaboracion: similar aos diagramas de secuencia, nuhna perspectiva semi-temporal.
- Diagramas de estado: descreben a evolucion de estados dun obxecto.
- Diagramas de actividade: descreben a evolucion de actividades dun obxecto.
[editar] UML é fundamental mais non é dabondo
UML non define un metodo especifico nen forza polo tanto a usar nengun metodo especifico de modelado.
Un exemplo de metodo usado en conxuncion con UML é o Rational Unified Process de IBM-Rational, e existen outros mais.
[editar] Ligazóns Externas
- Paxina UML da OMG.
- UML
- tutorial de UML en inglés
- tutorial de UML en inglés
- Referencias UML
- Artigo modelado de bases de dados en UML
- Artigo Morte pola febre do UML