See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua valenciana - Wikipedia

Lingua valenciana

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Zonas de predominio lingüístico oficial valenciano (en  verde escuro) e castelán (en verde claro)
Zonas de predominio lingüístico oficial valenciano (en verde escuro) e castelán (en verde claro)

O valenciano é a denominación histórica, tradicional e estatutaria que recibe na Comunidade Valenciana a mesma lingua que se denomina oficialmente catalán en Cataluña e nas Illas Baleares. Constitúe, por outra banda, unha entidade lingüística propia que resulta ser unha das principais variantes dialectais do idioma, canda o catalán central e o catalán balear.

O País Valenciano conta coa Academia Valenciana da Lingua (AVL) como entidade oficial encargada de elaborar a normativa lingüística da lingua dende a propia modalidade valenciana, canda o Instituto de Estudios Cataláns (IEC). Este órgao foi creado pola Generalitat Valenciana en 1998 co consenso maioritario das Cortes Valencianas.

O valenciano, dialectoloxicamente falando, non se pode considerar un dialecto encadrado no marco político-administrativo do País Valenciano. O feito de que os dialectos da lingua catalana formen un continuum lingüístico fai que moitos dos trazos valencianos cheguen alén das Terras do Ebro catalanas e aragonesas catalanófonas, así e todo, chegando ao Baix Camp e ao Baix Cinca, pódense incluír as falas desta zona dentro do valenciano.

Subdialectos do valenciano
Subdialectos do valenciano

[editar] Denominación e entidade

De acordo coa lei de criación da Academia da Lingua Valenciana, o valenciano: forma parte do sistema lingüístico que os correspondentes estatutos de autonomía dos territorios hispánicos da antiga Coroa de Aragón recoñecen como lingua propia. Este recoñecemento teno o valenciano no País Valenciano e o catalán nas Illas Baleares e en Cataluña, e o sistema lingüístico que conxuntamente forman só recibe academicamente o nome de lingua catalana. A AVL segue as Normas de Castellón, asinadas en 1932.

O 9 de febreiro de 2005, a AVL aprobou por unanimidade de todos os seus membros presentes un dictame coñecido popularmente como "Dictamen del Dimecres de Cendres" no que se establecen os principios e criterios para a denominación e a entidade do valenciano, considerando que "a lingua propia e histórica dos valencianos, dende o punto de vista da filoloxía, é tamén a que comparten as comunidades autónomas de Cataluña (a excepción do val de Arán, de lingua occitana) e das Illas Baleares e o Principado de Andorra. Así mesmo é a lingua histórica e própia de outros territorios da antiga Coroa de Aragón (a faixa oriental aragonesa, a cidade sarda de l’Alguer e o departamento francés dos Pirineos Orientais a excepción da comarca da Fenolleda, que é de lingua occitana)".

Este mesmo dictame tamén avala e xustifica o uso da denominación de valenciano tanto para todo o conxunto do dominio da lingua (lingua catalana), como para a modalidade dialectal falada no País Valenciano. Ademais, a AVL considera que esta modalidade "ten a mesma xerarquia e dignidade que calquer outra modalidade territorial do sistema lingüístico, e presenta unhas características propias que a AVL preservará e potenciará de acordo coa tradición lexicográfica e literaria propia, a realidade lingüística valenciana e a normativización consolidada a partir das Normas de Castellón". Por tanto, a AVL asume a unidade lingüística dende un punto de vista do polimorfismo dunha lingua que ten dúas denominacións.

[editar] Historia

O catalán foi implantado no País Valenciano polos colonos cataláns que se estableceron neste territorio a raíz da Conquista feudal, levada a cabo por Jaume I o Conquistador. Estes colonos procedían de todas as rexións de Cataluña e o feito de que foran minimamente superiores en número aos colonos aragoneses explica que se fale catalán na maior parte do País Valenciano. Nas comarquas máis próximas a Aragón, pola contra, unha mínima superioridade do número de colonos aragoneses fixo que o castelán fora a lingua predominante. Unha nova repoboación no século XVII, despois da expulsión dos mouriscos e maioritariamente con casteláns, definíu a fala castelá no resto de bisbarras do interior que aínda hoxe a falan. Así e todo, o valenciano é historicamente a lingua predominante e administrativa no País Valenciano.

Ata fai pouco pensábase que a primeira referencia documental da utilización do termo valenciano para referirse á lingua propia dos valencianos encontrábase na tradución de Valeri Màxim realizada por Antoni Canals en 1395, onde se di: perque yo, a manament de vostra senyoria, el l’he tret de lati en nostra vulgada lengua materna valenciana aixi com he pogut, jatssessia que altres l’hagen tret en lengua cathalana. Recentmente atopouse unha referencia anterior, un proceso xudicial de Menorca contra Gil de Lozano, datado entre 1343 e 1346, no que se di que a nai do acusado, Sibila, falaba valencianesch porque era de Oriola. No se volveu documentar máis a palabra acabada en –esch.

No século XV, o denominado Segle d'Or, o nome valenciano era xa a denominación usual da lingua predominante do Reino de Valencia, e as denominacións de vulgar, romance ou catalán caerán en desuso. Joanot Martorell, autor da novela Tirant lo Blanch, afirma: atrevereime a expor: no solament de lengua anglesa en portuguesa. Mas encara de portuguesa en vulgar valenciana: perço que la nacio don yo soc natural sen puxa alegrar.

Dende un punto de vista dialectal, o valenciano pertence ás falas meridionais-occidentais do sistema lingüístico occitano-catalán. Por tanto, comparte moitos trazos co catalán falado nas comarcas de poñente e tamén nas terras do Ebro. Tamén presenta trazos propios, depedendo das comarcas e características compartidas co occitano que foran perdidas en Cataluña.

Dende a transición democrática española, a autonomía ou heteronomía do valenciano respecto do catalán ten sido motivo de debate e polémica entre os valencianos, normalmente con intereses políticos. Os filólogos e lingüistas son partidarios da unión das comunidades lingüísticas valenciana e catalana pero existe unha parte da opinión pública valenciana que é partidaria da autonomía por motivos políticos. Tamén existe unha normativa lingüística secesionista alternativa, as Normas de El Puig, elaborada pola Real Academia de Cultura Valenciana, institución fundada en 1915 pola Diputación de Valencia, pero o seu uso é marxinal.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -