Conversa:Leabhar Ghabhála Érenn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Non hai "mitoloxía galega" referida a este tema. O da Torre de Hércules é unha interpretación dos celtistas decimonónicos. Á súa lectura do Leabhar Ghabhála e dos poemas ossianicos lle debemos a suposición de que Breogán era un rei galego e de que a torre desde a que se via Irlanda era a de Hércules. O título penso que é mellor traducilo como Libro das conquistas de Irlanda porque, de feito, non son conquistas realizadas polos irlandeses senón as conquistas ás que se veu submetida a illa. Tampouco se fala no Leabhar Ghabhála de Galiza, senón de Hispania. Xosé (✉) 21:52, 18 abril 2006 (UTC)
- Quito o {enuso} agora, se queres, podes facerlle as correccións que creas oportunas. De todas formas o artigo o estaba a traducir da wiki en castelán e non está rematado. Grazas polo teu interese. Saúdos.--Alberte 22:02, 18 abril 2006 (UTC)
Estou dacordo en que non nos podemos fiar dos románticos do XIX, pois eran só escritores, xente de letras. Tampouco creo que sexan fiabeis as teses opostas, as dos nacionalistas españolistas, tan dados historicamente a integrar para si sen pararse a observar. O máis doado é referirse ós historiadores romanos, eses que chegaron a Galicia e lle deron precisamente ese nome: GALLAECIA "país de celtas (galos)". Esto , unido a que os romanos eran propensos a contruir sobre o xa construido, pode dar a supoñer que haí xa existía un faro. Que se puidese ver Irlanda dende el xa forma parte da visión mitolóxica do texto, senón non se chamaría MITOLOXÍA, se se puidese recoñecer como verídico sen lugar a dúbidas chamaríase HISTORIA.