See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Landulfo V de Benevento - Wikipedia

Landulfo V de Benevento

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Landulfo V (morreu en setembro de 1033) foi príncipe de Benevento desde Maio de 987, cando foi asociado ao trono por primeira vez polo seu pai Pandulfo II, ata a súa morte. Foi príncipe principal desde a morte do seu pai en 1014.

En 999, Odón III visitou o Santuario de Monte Sant'Angelo en Monte Gargano. Á súa volta por Benevento asinou un diploma en favor do mosteiro de S. Sofia o 11 de Marzo. S. Sofia era unha fundación familiar da familia de Pandulfo e probabelmente funcionaba como unha especie de mausoleo dinástico. Por razóns descoñecidas, Odón e Pandulfo tiveron as súas diferenzas no ano 1000, posibelmente sobre as reliquias de San Bertomeu, santo patrón de Benevento, ao que Odón construíra unha nova igrexa na Isola Tiberina-San Bartolomeo all'Isola- había pouco tempo. Segundo os Annales Beneventani, Otto rex cum magno exercitu obsedit Benevento: "O rei Odón cun grande exercito cercou Benevento." Non pasou nada, con todo, agás quizais a cesión de certas reliquias (posibelmente a pel de Bertomeu).


En 1003, unha rebelión liderada por Adelfero, conde de Avellino, depuxo a Pandulfo e ao seu fillo en Benevento. Os príncipes non estiveron no exilio moito tempo, con todo. En 1005 atopámolos outra vez gobernando desde a súa capital. A revolta foi un mal sinal: o malestar civil medraba no principado.

Asociou ao seu fillo Pandulfo III ao goberno de Benevento en 1012 aproximadamente. Dous anos despois, morreu o Pandulfo máis vello, deixando a Landulfo como único príncipe co seu fillo. Inmediatamente tras a súa morte, os cidadáns de Benevento fixeron unha revolta contra Landulfo e Pandulfo III. A rebelión, a diferenza da de Adelfero, non deu desaloxado aos príncipes do poder. Con todo, os cidadáns forzaron certas concesións de autoridade no seu favor e no da aristocracia da cidade. Os Annales din facta est communitas prima: "foi feita a primeira comuna."

Landulfo veuse forzado a se someter ao Imperio Bizantino, cuxo catapán italiano Boiannes construíran a cidade fortificada de Troia nas inmediacións. En 1022, o emperador Henrique II uniu o seu exército con outros dous ás ordes de Poppo de Aquileia e Pilgrim de Colonia en Benevento, que someteron tras un rápido cerco. Desde aquí marcharon a Troia, pero non a deron tomado. Tras facer sometemento ao Emperador de Occidente, non se volveu falar de Landulfo nas páxinas da historia ata a súa morte. Sucedeuno o seu fillo Pandulfo. O seu outro fillo, Daufero, ascendeu ao Papado como Vítor III.

Moito máis que durante o reinado do seu pai, o de Landulfo viu o declive do principado. Forzado a se someter primeiro aos bizantinos e despois a Henrique II, Benevento non podía proclamar a súa independencia mesmo de facto por moito tempo. Ademais, o longo período do seu reinado (47 anos) viu o principio do rexurdir bizantino en Apulia e a resposta longobarda. Benevento fixo o que puido por estar no bando gañador. Á súa morte, o outrora gran principado viu reducido o seu territorio a pouco máis que a cidade e a bisbarra próxima.

[editar] Fontes

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma, 2004.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -