Košice
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Košice (Kaschau en alemán, Kassa en húngaro e Cassovia en Latín) é unha cidade de 235.000 habitantes, situada no leste de Eslovaquia, a rentes do río Hornád. O 89.1% da poboación é de nacionalidade eslovaca, 3.8% húngara, 2.1% cíngara e 1.2% checa. O 58.3% católicos romanos, 7.6% grecocatólicos e 4.1% evanxélicos.
[editar] Historia
A primeira mención da cidade data de 1230.