Kimi Räikkönen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kimi Räikkönen | |
---|---|
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | Finlandés |
Monopraza número | 6 |
Escudería actual | Ferrari |
Escudería no 2009 | Ferrari |
Grandes Premios disputados | 122 |
Campionatos | 1 |
Vitorias | 15 |
Podios | 48 |
Pole positions | 14 |
Voltas rápidas | 23 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2001 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Malaisia de 2003 |
Posición no 2008 | 1º (110 pts) |
editar |
Kimi Räikkönen naceu en Espoo, Finlandia o 17 de outubro de 1979. Agora reside en Zurich, Suiza e está solteiro aínda que ten moza chamada Jenni. Mide un metro oitenta e pesa 70 kg.; a súa bebida favorita é a auga e o zume de mazá, acompaña esta bebida coa súa comida preferida a carne de veado, o polo e a pasta. Cando ten tempo libre, que é pouco, vai ao ximnasio, corre e fai snowboarding ou hípica.
En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts.
Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renault británica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio e en sete, quedou campión.
O seu debut na Fórmula 1 fíxoo ao volante dun Sauber Petronas en 2001, no GP de Australia, realizando unha gran temporada pois quedou décimo no campionato de pilotos con 9 puntos. No equipo West McLaren Mercedes quedou sexto con 25, sendo piloto probador. No 2002, cando fichou por McLaren para substituír a Hakkinen quedou de sexto mellorando a temporada anterior pois conseguiu 24 puntos. Ao seguinte ano foi a súa explosión quedando en segunda posición do campionato de pilotos con 91 puntos a tan só 2 de Michael Schumacher.
Raikkonen conseguiu 7 vitorias na tempada 2005 finalizando 2º no campionado destrás de Fernando Alonso.
No ano 2007 proclamouse por primeira vez campeón do mundo por diante de Lewis Hamilton e de Fernando Alonso.