Keflavík
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fundada no século XVI, Keflavík desenvolveuse grazas á súa industria pesqueira e do peixe. Nos anos corenta do século XX os Estados Unidos construíron o Aeroporto Internacional de Keflavík, o que axudou á zona a medrar aínda máis. O aeroporto adoitou ter unha importante base militar da OTAN e foi un importante posto de recarga dos antigos voos transoceánicos que necesitaban repostaxe.
Durante a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría, a estacion aeronáutica de Keflavik xogou un papel moi importante como controlador do trafico mariño e submariño dende os mares de Noruega e da Grenlandia ata o Oceano Atlántico. Durante a Guerra Fría engadíronse tropas aéreas dos Estados Unidos para proporcionar control por radar, captación de inimigos, reposición de combustíbel no airte e rescates aéreos e mariños. Tralo colapso da Unión Soviética, o papel da base púxose en dúbida, xa que houbo ameazas