Kappa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome da décima letra do alfabeto grego (κάππα); equivale ao /k/. Minúscula κ, maiúscula Κ. Adoita transcribirse como c. Provén da letra do alfabeto fenicio kaf, que representaba unha oclusiva gutural xorda. Como signo numérico representaba o vinte. En maiúscula serve tamén para designar o décimo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo da Odisea.
[editar] Véxase tamén:
Alfabeto grego |
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - (Digamma) - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - (San) - (Qoppa) - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega - (Sampi) |