See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Kahoolawe - Wikipedia

Kahoolawe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista desde satelite de Kahoolawe
Vista desde satelite de Kahoolawe

Kahoolawe (oficialmente en hawaiano, Kahoʻ olawe) é a illa máis pequena das oito illas maiores de Hawai. Está situada a 11,2 km ao suroeste de Maui e ao sueste de Lanai. Administrativamente forma parte do condado de Maui. Non ten unha poboación permanente.

[editar] Xeografía

A illa, de 18 km de longo e 10 km de ancho, ten unha superficie total de 117 km2. A altitude máxima é o cráter do Lua Makika, na cima do Puu Moaulanui, de 450 metros sobre o nivel do mar. A illa é relativamente seca debido á escasa elevación e á súa situación a sotavento da elevada Maui.

En 1993, o estado de Hawai estableceu a reserva da illa Kaho´olawe. Tanto a illa como as augas litorais só poden utilizarse con finalidades culturais, espirituais e de subsistencia para os nativos hawaianos. Están prohibidos os usos comerciais e só se permiten as actividades de pesca, mantemento ambiental, preservación histórica e educación. Preténdese recuperar a illa controlando a erosión, restablecendo os acuíferos e substituíndo a vexetación foránea por autóctona.

[editar] Historia

Fai uns 1.000 anos, Kahoolawe estivo poboada por pequenas comunidades de pescadores. Terra dentro, algunhas zonas foron cultivadas. Construíronse plataformas de pedra para as cerimonias relixiosas, e aínda poden atoparse algúns petróglifos. Como hai pouca auga doce, a poboación debía ser escasa. O maior establecemento era en Hakioawa, ao norte da illa diante de Maui.

As guerras entre a Hawaii e Maui afectaron a Kahoolawe. Os primeiros europeos xa explicaban que a illa estaba deshabitada e sen recursos de auga ou madeira. Tras a chegada dos misioneiros, o rei Kamehameha III substituíu a pena de morte polo exilio e, entre 1830 e 1853, Kahoolawe foi unha colonia penal, cunhas condicións moi duras pola falta de alimentos e auga.

Os intentos de explotación gandeira terminaron provocando a desertización da illa. Na Segunda Guerra Mundial, o exército norteamericano ocupou Kahoolawe e utilizou a illa como campo de adestramento, especialmente para desenvolver as tácticas de asalto dunha illa. Acabada a guerra seguiuse utilizando a illa como branco de adestramento das forzas aéreas. Por iso coñécella popularmente como The Target Island ou a "Illa Branco".

Entre 1976 e 1990 diversos activistas estiveron loitando para que se suspendesen os adestramentos con lume real, protexésense os restos históricos e restaurásese o ecosistema da illa. Finalmente, en 1994 transferiuse a illa ao estado de Hawai, baixo o control da Kaho´olawe Island Reserve Comission. Hoxe en día aínda se está limpando o terreo de pezas de artillería sen explotar.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -