José de Churriguera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Benito de Churriguera (1665 — 1725). Arquitecto barroco. Proxectou, entre outras obras, as igrexas de San Cayetano, Santo Tomás, o antigo Palacio Goyeneche (actual sede da Real Academia de Belas Artes en Madrid) e o lugar de Nuevo Batzán, ademais do retablo do convento de San Esteban, en Salamanca. O seu estilo coñécese como churrigueresco.
A maior parte da súa obra está inserida na tradición cortesá pero introducindo innovacións transcendentais, na súa primeira etapa predominan os retablos caracterizados pola grandiosidade da traza, o dinamismo da planta, o remate en cuarto de esfera, as columnas salomónicas no corpo principal, as estatuas situadas nos intercolumnios, a talla virtuosista decorada frondosamente que non rompe a estrutura arquitectónica, asemade o resplandor do dourado reforza a atracción que exerce no espectador.
A partir de 1709, en Nuevo Batzán, obsérvase unha maior influencia do clasicismo francés nos motivos ornamentais e estruturais.