See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
José Millán-Astray - Wikipedia

José Millán-Astray

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

José Millán-Astray
José Millán-Astray

José Millán-Astray y Terreros (A Coruña, 5 de xullo de 1879 - Madrid, 1 de xaneiro de 1954), foi un militar galego, fundador da Lexión Española.

O seu pai foi o avogado, e director da Cárcere Módelo de Madrid, José Millán Astray e a súa nai Pilar Terreros Segade, moi vencellado ao seu pai utilizou legalmente os seus dous apelidos, e cando tivo idade ingresou na carreira militar, o que non puidera facer seu pai ao obrigarlle o seu proxenitor a estudar dereito; así o 30 de agosto de 1894 ingresou na Academia de Infanteria de Toledo, aproveitouse dun programa de estudos abreviado que o goberno permitiu polas necesidades de oficiais para os conflitos de Cuba e as Filipinas, así pois en febreiro de 1896 José Millán-Astray graduouse como tenente segundo, após servir seis meses nun rexemento de Madrid ingresou o 1 de setembro de 1896 na Escola Superior de Guerra para obter o diploma de Estado Maior, interrumpiu os seus estudos para pedir o traslado ás Filipinas para loitar contra os independentistas, pola súa actuación na defensa da vila de San Rafael recibiu a Cruz ao Mérito Militar de Primeira Clase e volveu a España convertido nun heroe, continou os seus estudos na Escola Superior de Guerra e en 1905 ascendeu a capitán. No ano 1906 casou con Elvira Gutiérrez, filla do xeneral Gutiérrez Cámara. Pasou a formar parte do Estado Maior da Academia de Infantería de Toledo en 1910 mais aos dous anos solicita o traslado a África, servindo nos Regulares Indíxenas, ascendeu a comandante por méritos de guerra en 1914. Cando en 1917 recibiu destino en Madrid comezou a preocuparse pola necesidade que España tiña de contar cunha forza formada por mercenarios estranxeiros ao xeito da Lexión Estranxeira Francesa, tras obter o apoio do ministro da Guerra, José Villalba Riquelme, a Lexión Estranxeira estableceuse por real decreto o 28 de xaneiro de 1920 con Millán-Astray, xa tenente coronel, como o seu xefe e Francisco Franco, un dos seus grandes apoios, como xefe segundo. Millán-Astray trasladouse a Ceuta, onde se establecera o cuartel da Lexión. Destemido no campo de batalla, foi ferido en numerosas ocasións, perdendo un brazo e un ollo. Principal valedor da fracción africanista do exército español no seu enfrontamento co sector máis liberal redactou en 1922 unha carta aberta dirixida ao rei Afonso XIII renunciando á xefatura da Lexión en protesta pola pouca influencia dos africanistas, trasladado á Península coa ditadura de Primo de Rivera ascendeu a coronel e recibiu destino no alto comisariado de Marrocos e en 1926 volveu á xefatura da Lexión durante un ano.

Na Guerra Civil española tivo un papel secundario no bando franquista, dedicándose á propaganda e foi famosa a agarrada que tivo con Miguel de Unamuno o 12 de outubro de 1936, durante o acto de comezo do curso académico (que concidía coa celebración do "Festa da Raza"), no Paraninfo da Universidade de Salamanca, e despois dunha serie de discursos de oradores atacando á "anti-España", ao pechar o acto como reitor, Unamuno fixo un discurso improvisado, criticando duramente como se estaba a levar a rebelión, sentenciando ao rematar: "Venceredes, pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta; pero non convenceredes, porque convencer significa persuadir. E para persuadirdes necesitades algo que vos falta: razón e dereito na loita.". Tralo seu discurso Millán-Astray, berroulle "A mín a Lexión", "viva a Morte" (lema da Lexión) e "abaixo a intelixencia"; a isto, Unamuno contestoulle "viva a vida" (case un insulto á Lexión). A continuación o xeneral levantouse, e José María Pemán tratou de aclarar: "¡Viva a intelixencia! ¡Morran os malos intelectuais!".


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -