José Antonio Primo de Rivera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia (Madrid, 24 de abril de 1903 - Alacante, 20 de novembro de 1936). Político español, fundador xunto con Julio Ruíz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.
[editar] Biografía
Fillo primoxénito do xeneral Miguel Primo de Rivera, de quen heredó o título de Marqués de Estella, estudiou na Facultade de Dereito de Madrid e en 1930 participou no proxecto político da Unión Monárquica Nacional. O 2 de maio dese ano aceptou o cargo de vicesecretario xeral do partido, co propósito de reivindicar a memoria do seu pai, atacada tanto na caída da súa ditadura, a finais da Monarquía de Afonso XIII, como durante a Segunda República (1931).
José Antonio Primo de Rivera fracasou no seu intento de obter un escaño de diputado por Madrid nas elecciones de 1931, sendo derrotado por Bartolomé Cossío. Foi detido en 1932 baxo a sospeita de colaborar coa sublevación organizada polo xeneral Sanjurjo (a "Sanjurjada"), feito que el sempre negou, saíndo finalmente do cárceee sen cargos.
En 1933, na plenitude do crecemento dos movementos fascistas en Italia e nazi en Alemaña publicou un artigo titulado "Orientaciones hacia un nuevo estado" , no único número do xornal "El Fascio". Neste artigo pregoaba un estado social no que as loitas partidistas non existiran.
Creou xunto a Julio Ruiz de Alda o Movimiento Español Sindicalista, embrión da futura Falange Española, movemento político con inspiración no sindicalismo revolucionario cun matiz católico, máis influencias dalgúns pensadores como Ortega y Gasset. Os dos pilares da Falange Española eran a consideración do home como suxeito espiritual e de España como unha unidade do destino no universo. Falange Española foi fundada no Teatro da Comedia de Madrid o 29 de outubro de 1933. No acto José Antonio lexitimou a violencia na defensa dos seus valores a través da "dialéctica dos puños e as pistolas".
Nas eleccións de novembro de 1933 obtivo o seu escaño en Cortes, integrado nunha coalición conservadora monárquica, pola circunscripción de Cádiz.
En 1934 fusionou Falange Española con outro grupo de ideoloxía semellante, pero con certas diferencies, as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma Ramos, dando lugar á FE de las JONS.
Nas eleccións de 1936, a esquerda e a dereita acudiron en bloques ás eleiciones. A Falange non se aliou con ningún dos dous por entender Primo de Rivera que a ideoloxía Nacional-sindicalista defendida polo seu partido non se encontraba representada nin polas esquierdes nin polas dereitas. Tampouco recibiu oferta de ningunha das dúas.
Estaba na cárcere de Alacante o 5 de xuño de 1936, onde seguía detido cando o 18 de xuño se produciu o golpe de estado militar encabezado por Mola e Franco, co que deu comezo a Guerra Civil (1936-39).
O 17 de novembro de 1936 foi xulgado por rebelión militar. Condenado a morte por un tribunal popular, o 20 de novembro é fusilado antes de que o goberno dera a súa "aprobación".