Hobby
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un hobby é a actividade que se realiza por afección no tempo libre. Os hobbies practícanse para o interese e o goce, máis ben que a recompensa financeira. Os exemplos inclúen coleccionar, artes manuais, deportes ou aprendizaxe. Afeccionarse a un hobby pode conducir a adquirir habilidade, coñecemento e experiencia. Con todo, a satisfacción persoal é o principal motivo para practicalo. O que é un hobby para algúns é unha profesión para outras: un testeador profesional de xogos pode gozar cociñando, mentres que un chef profesional pode gozar xogando cos xogos dunha computadora.