Hercegovina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hercegovina (Херцеговина/Hercegovina) é unha rexión histórica nos Alpes Dináricos situada na parte meridional da Bosnia - Hercegovina. A maior parte do seu territorio é montañoso, karst excepto no val central do río Neretva. A maior cidade é Mostar, situada no centro da rexión. Outras cidades importantes son Trebinje, Konjic e Foča. As fronteiras entre Bosnia e Hercegovina non están claras e son, a míudo, motivo de disputa.
[editar] Etimoloxía
Ao rematares a Idade Media e comezarse a Idade Moderna a rexión foi administrada ante o avance turco por duques que prestaban en ocasións, algunha vasalaxe ós emperadores alemáns, deste xeito os duques recibián o título alemán de "Herzog" (= duque), por iso o seu territorio ou ducado pasou a ser chamado "Hercegovia" ou "Hercegovina".