Hantilis I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hantilis I, rei dos hititas, alcanzou o trono asasinando coa axuda do seu xenro, Zidantas, ao seu predecesor e cuñado, Mursilis I, probabelmente cando este volvía dunha campaña militar en Siria. Aínda que se descoñecen moitos detalles do seu reinado, este probabelmente abarcou o período comprendido entre -1590 e -1560.
Comezou o seu reinando continuando as campañas sirias que tanto éxito tiveran en tempos de Hattusilis I e Mursilis I, pero pronto sufriu unha serie de invasións hurritas, que saquearon gran parte do reino hitita.
O seu reinado alcanzou un brusco final cando foi asasinado, xunto ao seu fillo Pissenis e os seus netos, por Zidantas, o seu xenro e cómplice na conxura contra Mursilis I.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Mursilis I |
Hantilis I | Precede a: Zidantas I |
- |