See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Grupo Vava'u - Wikipedia

Grupo Vava'u

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Port of Refuge e Neiafu.
Port of Refuge e Neiafu.
Vista dunha praia en Vava'u
Vista dunha praia en Vava'u

Vava´u é a illa principal do grupo Vava'u, ao norte de Tonga. En ocasións hase transcrito como Vavao, e tamén se denomina ´Uta Vava´u (en inglés Vava´u Mainland) para distingir a illa do grupo.

A illa Vava'u é unha plataforma elevada de coral con cantiis na costa norte e cun litoral baixo e irregular ao sur que se abre nunha complexa rede de canles, bahías e illas formando un dos portos naturais máis protexidos do Pacífico. A superficie total é de 89,74 km², e a altitude máxima é de 204 m.

A capital é Neiafu 18º39' S 173º59' O, situada na costa meridional. É a segunda cidade máis poboada de Tonga. En Neiafu reside o gobernador da división administrativa de Vava'ou. A poboación total da illa era de 12.238 habitantes no censo de 1996.

[editar] Illas do grupo Vava´u

Na Polinesia explícase que as illas creounas o deus Maui, que as pescou do fondo do mar co seu anzol máxico e deixounas flotando. Os locais de Vava'ou din que Maui pescou a illa de mala gana arrastrándoa. Por iso ten unha gran bahía aberta no sur cun longo rastro de illotes. En total hai unhas 70 illas, das cales 17 están habitadas, distribuídas en seis distritos. As máis importantes son:

Illa Poboación (1996) Área (km²) Densidade Coordenadas
Foeata 5 0,10 18º43'S 174º08'O
Fonualei 18º01'S 174º19'O
Hunga 347 4,69 74,0 18º41'S 174º07'O
Kapa 410 5,96 68,8 18º42'S 174º02'O
Kenutu 1 0,43 18º42'S 173º56'O
Koloa 321 2,25 142,7 18º39'S 173º56'O
Lape 21 0,39 53,8 18º43'S 174º05'O
Late 18º48'S 174º39'O
Lateiki 19º11'S 174º52'O
Nuapapu 381 2,67 142,7 18º42'S 174º05'O
Ofu 171 1,24 137,9 18º42'S 173º58'O
Okoa 228 0,34 670,6
Olo'ua 110 0,49 224,5 18º40'S 173º57'O
'Ovaka 103 1,29 79,8 18º45'S 174º06'O
Pangaimotu 835 8,86 94,2 18º39'S 174º00'O
Tapana 6 0,36
Taunga 77 0,36 213,9 18º45'S 174º01'O
'Utungake 457 0,93 491,4 18º40'S 174º01'O
Vaka'eitu 4 0,90 18º43'S 174º06'O
Vava'u 12.238 89,74 136,4 18º37'S 174º00'O
TOTAL 15.715 121,00 129,9

Un paso elevado une as illas de Vava'u, Pangaimotu, Toula e 'Utungake, situadas diante de Neiafu.

Como prolongación ao norte da liña de volcáns de Ha'apai, no grupo Vava'u atópanse algunhas illas que son conos volcánicos extinguidos e outras que son illas en formación a partir de volcáns submarinos:

  • Fonualei é unha illa de forma cónica que se eleva ata os 183 metros cun cantil vertical na costa sur.
  • Toku, a 43 km ao norte de Vava'u, é unha illa formada polo cráter dun volcán activo.
  • Late é un cono simétrico de 5 km de diámetro e 518 m de altitude.
  • Lateiki, petit Late, máis coñecido como Metis Shoal, é un volcán submarino que se atopa ao sur de Late e en diversas ocasións a formado unha illa.

[editar] Historia

O grupo Vava'u foi descuberto polo italohispano Francisco Mourelle en 1781. O seu barco, A Princesa, desviouse da tradicional ruta de Manila e chegou en precarias condicións á deshabitada Fonualei, onde non puido desembarcar e bautizouna como Amargura. En Vava'u recuperouse en Porto Refuxio (hoxe en día Port of Refuge). O porto da illa Kapa chámase Port Maurelle na súa honra. Denominou ao grupo illas Mayorga en honra ao vicerrei de Nova España, o barcelonés Martí de Mayorga.

En 1787 chegou o francés La Pérouse antes de que se perdese o seu rastro no Pacífico. Anotou o nome nativo como Vavao. En 1793 o italohispano Alessandro Malaspina pasouse dez días na primeira expedición científica española.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -