See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Glosa - Wikipedia

Glosa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.

Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.


Etimoloxía

Do baixo latín glosa ‘unha palabra obsoleta ou estranxeira que precisa de explicación’ forma alternativa da clásica glossa, do gr. xónico glossa (gr. ático glotta), literalmente ‘lingua’ e ‘idioma’, e de aí os outros sentidos de ‘idiotismo ou expresión particular dunha lingua’ e de ‘palabra escura’)

Significados

1. Nota explicativa destinada a esclarecer o sentido dunha palabra, dunha pasaxe ou dun texto. Reciben este nome en particular as glosas que se encontran en manuscritos antigos: glosa interlineal, glosa marxinal, glosa manuscrita. 2. Explicación dunha palabra rara ou dun termo especializado dunha lingua a través de palabras de uso común: glosas emilianenses, glosas silenses. 3. Comentario crítico dun texto de extensión variable. 4. Unha interpretación, explicación ou comentario de calquera acto ou acontecemento. 5. (der.) Comentario dun texto xurídico que se fai para aclaralo ou interpretalo. 6. (lit.) Composición poética na que cada estrofa repite un ou máis versos propostos ó principio ou desenvolve o tema ou concepto expresado nos versos que preceden ó poema. 8. (mús.) Variación que executa un músico sobre unhas mesmas notas aínda que sen se suxeitar rigorosamente a elas. 7. (zool.) A parte anterior media do labio de moitos insectos.

Enciclopedia

No contexto hispánico as glosas emilianenses son coñecidas por constituíren as primeiras manifestacións escritas tanto do vasco como dunha lingua romance peninsular. As anotacións en romance recollen trazos lingüísticos do castelán e do navarro-aragonés. Son pequenas notas aclaratorias do latín feitas no propio latín, en romance ou en vasco para aclarar o que posiblemente xa resultaba escuro ou difícil de entender a comezos do primeiro milenio na Alta Rioxa. As glosas emilianenses reciben ese nome por faceren referencia ó mosteiro de San Millán de la Cogolla. As glosas silenses, así denominadas por apareceren no Mosteiro de Silos conteñen palabras e frases en romance, e son de finais do século XI. Consérvanse no British Museum.

Voces da mesma familia:

glosar (1. esclarecer cunha glosa: glosar un texto, comentar, anotar, interpretar, aclarar por medio de comentarios, dar unha explicación. 2. facer longos comentarios estériles: non acabar de glosar. 3. interpretar enganosamente, encubrir, perverter. (ing. to gloss over) 4. criticar. 5. desenvolver un tema en verso), glosario (1. vocabulario de termos antigos, raros ou especializados dunha lingua, dun texto, dun autor ou dunha arte ou ciencia: un glosario latino, un glosario das artes gráficas. 2. léxico recollido ó final dunha obra que aclara os termos de difícil comprensión que se encontran nela; do lat. glossarium, e este do gr. glossárion, diminutivo depreciativo de glossa), glosador (autor dunha glosa: os glosadores da Biblia, os glosadores dos textos de Xustiniano), glosarista (autor dun glosario).

Formas prefixadas Empréganse na formación de novas palabras co significado de ‘lingua’: glos-, glose-, gloso-

glos-: glosite (med. inflamación da lingua), glósico (ling. referente á lingua) glose-: glosemática (ling. teoría elaborada por Hjelmslev na que as unidades lingüísticas son estudadas de maneira funcional), glosemático (relativo ó glosema ou a escola e corrente iniciada por Hjelmslev e os seus colaboradores Brondal e Ulldall) glosema (ling. a máis pequena das unidades lingüísticas significantes).

gloso-: glosógrafo (ling. aparello que rexistra os movementos da lingua na produción da linguaxe), glosopeda (doenza dos animais que afecta á lingua e as pezuñas), glosolalia (med. enfermidade mental na que o paciente cre inventar unha nova lingua; teol. facultade concedida polo espírito santo ós apóstoles para falar todas as linguas, gr. lalein ‘falar’); glosofarínxio (anat. que concerne a lingua e a farinxe; dise en particular dun nervio); glosoloxía (a ciencia da linguaxe); glosólogo (aquel que se dedica á glosoloxía), glosolóxico (referente á glosoloxía); glosoplexía (med. parálise da lingua) glosotomía (med. ablación dunha parte da lingua).

glot-: glotal (que pon en xogo a glote en tanto que órgano da fonación: consoante glotal, articulación glotal, vibracións glotais); glotalizado (ling. que se articula cunha abertura mínima da glote), glote (anat. orificio da larinxe, comprendido entre os bordes libres das cordas vocais, que xoga un papel esencial na emisión da voz: golpe de glote: gr. ático glottís, der. de glotta ‘lingua’); glótica (ciencia da linguaxe, glosoloxía), glotite (inflamación da glote), glótico (relativo á glote), glotocronoloxía (ling. campo da lingüística histórica que relaciona os cambios lingüísticos co tempo concreto en que se orixinan e desenvolven).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -