Fuso (ferramenta)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: fuso.
O fuso é unha ferramenta para fiar. A sua invención é moi antiga, sendo o seu uso universal. Na sua forma mais simple consiste nunha peza cilíndrica afiada polos extremos arredor da cal o fiandeiro (tradicionalmente fiandeira) vai formando o fio. Foi superada pola introdución da roca, pero ainda segue a ser unha ferramenta comun polo seu baixo custo. Neste sistema de fiazón cóllense as fibras e cunha primeira torcida do polegar e indicador vaise facendo o fio. À medida que este vai crecendo, é enrolado no fuso, que se mantén en rotación, formando a mazaroca.
Os obxectos que teñen forma de fuso chamanse fusiformes.