See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Filipo o Árabe - Wikipedia

Filipo o Árabe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Moeda co retrato de Filipo o Árabe.
Moeda co retrato de Filipo o Árabe.

Marcus Iulius Philipus, nace no 204, en Trachonitide, preto da actual Damasco. Pasou á historia co nome de Filipo I , ou Filipo o Árabe. Gobernou o Imperio Romano entre os anos 244 a 249.

[editar] Filipo coma soldado

No ano 230 casou con Marcia Otacilia Severa e tivo un fillo o que lle deron o nome de Marcus Iulius Severus Filipus. Durante a campaña en Oriente contra os persas do emperador Gordiano III, distinguiuse en parte axudado polo seu irmán Xulio Prisco. A morte de Temiseteo, e apoiado polo exército, é nomeado prefecto do pretorio polo emperador. Dende aquel intre tenta de poñer en dúbida a capaciade do emperador para as operacións militares que se estaban a levar a cabo, e as tropas asasinan a Gordiano III e nomean a Marco Xulio Filipo como emperador.

[editar] Filipo coma emperador

Envía cartas ó Senado, comunicándolles a morte do emperador, e o seu nomeamento por parte das lexións. O Senado despois dalgunhas dúbidas, noméao emperador, a súa muller Marcia augusta e o seu fillo césar. Tralo pago dun tributo, e da renuncia a Armenia e Mesopotamia o rei de Persia Sapor I, consegue a paz en Oriente. Nomea o seu irmán Xulio Prisco reitor do Oriente, á súa cidade natal dalle o nome de Philipopolis e volta a Roma.

No 245, os carpios fan incursións no Danubio. Filipo leva a campaña persoalmente e consegue vencelos no 247. Trala vitoria, nomea o seu fillo augustus e o seu sucesor.

Como construtor, Filipo embeleceu Roma con grandes edificios, creou o lacus do Trastevere e reparou numerosas calzadas en diversas provincias do Imperio.

Con el celébrase o primeiro milenio da fundación da cidade de Roma, con grandes xogos, entre os que destacaron os do Centenario, ou Ludi Saeculares, que resultaron particularmente fastuosos pola grande cantidade de animais e gladiadores que tomaron parte neles.

Pouco despois comezan a xurdir pretendentes ó trono en diversas provincias do Imperio. No 248, as lexións de Oriente nomean emperador a Pupieno, pero rapidamente son sometidos. No Danubio, as lexións de Panonia e Moesia nomean a Claudio Marino Pacatiano.

[editar] Morte de Filipo

Filipo envía ó Danubio a Quinto Trajano Decio, xeneral de orixen panonio e senador, en contra de Pacatiano. Pero as tropas, ó saber da súa chegada, matan a Pacatiano e nomean a Decio Augusto I. Este acepta e leva as tropas cara a Italia. Filipo sae coas súas tropas ó encontro. En Verona ten lugar a loita entre as dúas forzas, na que Filipo o Árabe morre e o seu fillo é capturado e asasinado. Decio é entón proclamado emperador polo Senado.

Imperio Romano

Segue a:
Gordiano III
Filipo o Árabe
Precede a:
Decio
Crise do seculo III


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -