Conversa:Filoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Filoloxía é 'afección á linguaxe' e non 'afección ao coñecemento' (filosofía)
Estudo filoloxía. 'Filos' e 'logos' non significaría 'afección á lingua' ou 'amante da linguaxe'? 'Logos' en grego pódese traducir como linguaxe. 'Logopeda' podería ser outra palabra na que 'logos' leva o significado de 'fala' ou 'linguaxe'. Logopeda é 'aquel ensina a falar'. Encóntrolle moito máis sentido que a 'afección ao coñecemento'. Iso é 'filosofía' e non 'filoloxía'. Non estou rexistrado pero non podo evitar comentar o artigo e propor unha posible rectificación.
Saúdos.
- A verdade sempre pensei que filoloxía era "afección ou amor" á "palabra" ou "lingua". O lexema grego 'logia' -do grego λόγος- pode significar 'falar racionalmente, estudo, ciencia', e esta multiplicidade de significados despista; eu creo que normalmente se usa co significado de "afección ou amizade" á "lingua" (non diría linguaxe porque é un termo máis amplo), polo que estou de acordo coa persoa anónima. Na wiki en español poñen: filología, “amor o interés hacia las palabras”. Tamén é certo que no artigo se fala de ´afección ao coñecemento´ en xeral, mais creo que non é a mellor tradución.--Xoán Carlos Fraga 22:08, 17 xullo 2007 (UTC)