Fase dunha onda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo fase no marco da teoría ondulatoria, designa a posición relativa dentro dun ciclo, sexa este ciclo unha variación no tempo, no espazo ou respecto doutra variábel calquera.
No caso das ondas máis empregadas para a análise e resolución de problemas ondulatorios, o das ondas monocromáticas tense que
- A(x,t) = A0.sin(ω.t - k.x + α)
onde A0 é a amplitude, ω é a frecuencia angular (en radians por segundo), k é o número de ondas (en 1/m), t é o tempo (en segundos), x é a posición, e α é a fase.
Este uso procede do feito de que, en matemáticas, o termo fase se emprega como sinónimo de argumento dunha función trigonométrica cando este non ten significado de ángulo espacial.